Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística
 

O Concello de Narón dispón dun Servizo de Normalización Lingüística, indispensable no proceso de recuperación e dinamización da lingua galega. O obxectivo principal deste departamento pasa por incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal.

Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.

Este servizo foi creado en 2009 a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística. Dende a súa creación ata a actualidade o servizo percibiu diferentes achegas económicas para o seu mantemento por parte da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento deste servizo ou desexas obter información adicional podes poñerte en contacto co SNL a través deste mail: a.pita@naron.es; ou ben por teléfono no número 981 33 77 00 (extensión 1516); ou dirixirte persoalmente á Casa do Concello (5ª planta).

Campaña de visibilización do uso do galego nos medios de comunicación

Hai moitas máis entidades, asociacións, colectivos e persoas que usan con frecuencia o galego, por iso, con esta campaña, Como cho digo ;-), dicimos que nos gustaría que a lingua galega se visibilizase máis nos medios e, polo tanto, que estes a usasen, cando menos, para reflectir as declaracións que se fan nesta lingua, para informar dos actos desenvolvidos en galego, para crear información a partir de notas e comunicados redactados na nosa lingua, etc.

O Concello de Narón adheriuse á campaña Como cho digo ;-), creada e impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), mostrando así o seu apoio a unha iniciativa que busca unha maior presenza da lingua galega na prensa.

Despois da aprobación por unanimidade de todas as organizacións políticas no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña Como cho digo ;-), a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da nosa lingua o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Educación, organizou o día 25 de xuño ás 19.00 h no Café Teatro un acto público no que participaron diversas asociacións culturais e deportivas, representantes municipais e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa.

Se queres mostrar o teu apoio e adherirte á campaña Como cho digo podes facelo a través da web www.comochodigo.eu. Podes facelo de xeito individual ou como entidade. É moi sinxelo. Anímate.

Funcións de asesoramento lingüístico interno

  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.
  • Definir e propoñer criterios lingüísticos para a administración.
  • Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.
Funcións de dinamización lingüística

  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
  • Fomentar o emprego do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
  • Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego no ámbito asociativo, educativo, empresarial, etc, no ámbito local.
  • Planificar e propoñer actividades que conciencien á sociedade respecto ao uso da lingua galega.
Funcións de formación (socio)lingüística

  • Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.
  • Difundir materiais entre a cidadanía que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos que axuden ao traballo en galego, etc.
  • Colaborar no deseño de programas de formación para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas no ámbito local.
Funcións xerais na Administración local

  • Asesorar a administración en todo o relacionado coa promoción da lingua galega.
  • Velar polo cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, valar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía.
  • Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procedementos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos/as aspirantes.
Funcións de coordinación entre a Deputación da Coruña e o Concello de Narón

  • Apoiar e difundir as accións dinamizadoras desenvolvidas pola Deputación da Coruña.
  • Coordinarse coa Deputación para planificar, xestionar, executar e avaliar accións de fomento do uso do galego.
Accións de dinamización lingüística

De entidades, institucións e administracións públicas

    XI Premio a artigos xornalísticos normalizadores

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo convoca a undécima edición deste premio que ten como obxectivo principal promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega e crear espazos nos xornais para fomentar o seu uso e prestixio. Outorgarase un único premio de 1000 euros, ademais da publicación do artigo gañador nos nove medios de comunicación que colaboran coa iniciativa. O prazo de presentación dos artigos, que deben ser inéditos, remata o 15 de abril de 2015. Se desexa consultar as bases, prema aquí.

    Alí, recursos en galego para a educación infantil

    Fabaloba preséntavos o portal ALÍ, recursos en galego para a educación infantil. Este espazo pretende ser unha ferramenta para mellorar a difusión de todos aqueles produtos culturais en galego útiles para a educación e o lecer das e dos máis cativos. Nace co obxectivo de facilitar o coñecemento destes recursos a todas aquelas persoas involucradas nos diferentes ámbitos de desenvolvemento da rapazada, desde o fogar ata a escola infantil, e coa vontade de ser un instrumento común e colaborativo, aberto ás achegas de todas aquelas persoas e entidades comprometidas co futuro do noso idioma. A idea deste portal agromou hai varios meses, vencellada ao deseño dunha proposta formativa dirixida ao persoal de escolas infantís. Se tedes interese nesta proposta, podedes ver un resumo AQUÍ.

Axudas para a promoción da lingua galega


<<< Xu�o 2017 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal