Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis)
 
Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis)

Co obxectivo de darlle a difusión á cidadanía do novo servizo creado en 2015, intentarase resumir da mellor maneira os principais cometidos que se encadran dentro das funcións deste SPEIS.

Dependencias
SPEIS Narón
Polígono Río do Pozo - Avda. Bernardo Romero s/n
15540 Narón A Coruña
Telef. 112 - 080 - Centro de atención telefónica 981 390 000

Horario: 24 horas - 365 días
Horario de xefatura: 7:30 h - 14:30 h

Enderezos de correo:
speisxefatura@naron.es
speisintervencion@naron.es
speisprevencion@naron.es


Concepto

Servizo integral de xestión de emerxencias, con operatividade 24 horas durante todo o ano, cuxa función é a de xestionar as emerxencias que se produzan no termo municipal e, por conseguinte, as que afecten a bens e persoas residentes no propio termo municipal.

Ambito de aplicación

Os servizos de prevención, extinción de incendios e salvamento.

Os servizos de protección civil.

Aqueles outros asignados por Alcaldía.

Funcións

Partindo das funcións básicas que todo servizo de emerxencias debe ter (previsión, prevención, planificación, intervención e rehabilitación) dado o seu carácter integral, este servizo ten capacidade de xestión total baixo o prisma interdisciplinar do seu cadro de persoal. Atendendo a este punto e dado que este servizo tamén xestiona a protección civil municipal, existe capacidade real para xestión de emerxencias naturais, tecnolóxicas e todas aquelas que afecten tanto á poboación como aos espazos naturais do termo municipal.

Funcións propias do salvamento e rescate, a extinción de incendios en todas as súas vertentes, a atención de emerxencias baixo supostos climatolóxicos adversos, a xestión de eventos públicos baixo a directiva de protección civil e plans específicos e a xestión e planificación da autoprotección municipal.

Estructura organizativa

Servizo composto por tres escalas funcionais:

  • Executivo co grao de inspector.
  • Técnico cos graos de oficiais.
  • Operativa cos graos de sarxentos, cabos e bombeiros-condutores.
  • Persoal de apoio integrado por:
    • Persoal de administración para a xestión administrativa e RRHH do servizo.
    • Persoal de mantemento co grao de supervisión e revisión de equipos propios do servizo.
    • Persoal de apoio para labores diarios.
Recursos humanos

O servizo posúe unha estrutura funcional composta por 23 efectivos distribuídos nas distintas escalas.

Parque móbil

Atendendo á tipoloxía de intervencións que este servizo debe atender, dispón das seguintes unidades operativas, todas elas dotadas cos materiais apropiados e específicos para acometer con seguirdade e eficacia os labores para os que están construídas:

  • Vehículo de 1ª intervención (bomba urbana lixeira).
  • Vehículo de 2ª intervención (bomba forestal lixeira).
  • Vehículo de apoio hidráulico (bomba nutriz lixeira).
  • Vehículo de apoio técnico e loxístico (vehículo de taller con dotación funcional multidisciplinar).
  • Vehículo de rescate en altura operativa de 32 metros (autoescala extensible automática)
  • Vehículo de rescate en altura operativa 20 metros e zonas de difícil accesibilidade (autoescala extensible automática).
  • Vehículo de xestión e dirección de emerxencias (unidade de mando e xefatura).
  • Vehículo de prevención e inspección (unidade vinculada ao servizo de prevención).
  • 2 vehículos de xestión e protección civil (AVPC).

Voltar ós Servicios Municipais


<<< Agosto 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal