Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Escola de Participación Cidadá
 

Escola de Participación Cidadá

A Escola de Participación Cidadá contempla varias liñas de traballo:

ATENCIÓN AO PÚBLICO: ASESORAMENTO A ASOCIACIÓNS

No asesoramento, realizamos encontros de traballo coas entidades para resolver dúbidas sobre a xestión interna e mellorar a organización:

  • Mércores, xoves e venres de 9:30 a 13:30 horas, no baixo da Casa da Cultura.
  • Fóra deste horario, con cita previa, contactando co teléfono 981 33 77 00 (extensión 1110) ou no correo: escoladeparticipacion@cidadania.coop

FORMACIÓN DIRIXIDA A CONCELLEIROS/AS

Obradoiros dirixidos aos cargos electos e persoal técnico, nos que teñen realizado un diagnóstico sobre a participación cidadá no municipio, establecendo liñas de acción prioritarias.

FORMACIÓN DIRIXIDA ASOCIACIÓNS

Grupos de formación con dinámicas participativas sobre diversos aspectos:

  • Cómo organizar unha reunión ou asemblea eficientes e cun bo clima.
  • Mellorar a comunicación da entidade, entre as persoas socias e dinamizar o barrio.
  • Como establecer canles de interlocución co concello e outros niveis de colaboración con outras entidades á hora de elaborar proxectos.

REALIZACIÓN DE PLENOS ESCOLARES

Formación en democracia local e no funcionamento do concello, dirixida ao alumnado de secundaria, baixo o proxecto denominado ?Plenos Escolares?, en colaboración cos centros educativos, que realizarán dinámicas de debate nas aulas e expoñerán as demandas á corporación nunha sesión no salón de Plenos.

CONTINUACIÓN DOS CONSELLOS TERRITORIAIS

Existen 14 consellos territoriais, un por cada barrio e parroquia. Permitirán ás asociacións debater sobre as necesidades de cada barrio e de cada parroquia, xunto aos responsables políticos/as da corporación. Están conformados por entidades veciñais, culturais, deportivas, sociais, etc. da zona e concelleiros/as de cada grupo municipal.
Neste momento, están representadas as seguintes asociacións; que están a actualizar os seus datos ao igual que os novos representantes dos grupos municipais en cada barrio:

ENTIDADES CIDADÁS NA ZONA RURAL

Parroquia Asociacións que forman parte (ademais dos representantes de cada grupo municipal en cada un dos consellos)
O Val
  • AVV IRMANDIÑOS
  • ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA EN FORMA
  • ASOCIACIÓN CULTURAL E DE MULLERES ZARABANDA
  • SOCIEDADE DEPORTIVA O VAL
  • ASOC.NTRA.SRA. DE CHAMORRO
  • FUNDACION TERRA DE TRASANCOS
San Mateo
  • AGRUPACIÓN VECIÑAL SAN MATEO
Castro
  • CCDR AIRIÑOS DE CASTRO
  • AVV OS CRUCEIROS DE CASTRO
  • CLUBE DEPORTIVO RIO DO POZO
  • CLUB OLÍMPICO EL CASTRO
San Xiao
  • AVV. CEIBE DE SAN XIAO
Sedes
  • ANPA CRA DE NARÓN
  • AVV ROSA DOS VENTOS
  • ASOC. DE MULLERES RURAIS NOVA ALDEA
Pedroso
  • AVV VIRXE DA O PEDROSO
  • SOC.CULT. E RECREATIVA A POMBIÑA
  • ASOCIACIÓN 3ª IDADE SAN SALVADOR DE PEDROSO
Doso
  • AVV A NAVEIRA DE DOSO

ENTIDADES CIDADÁS NA ZONA URBANA

Barrio Asociacións que forman parte (ademais dos representantes de cada grupo municipal en cada un dos consellos)
Gándara
  • AVV GÁNDARA
  • CLUB VOLEIBOL NARON VOLEA
  • ANPA A BUXAINA
  • ESCOLA KÁRATE DA GÁNDARA
  • ANPA SANTIAGO APOSTOL
  • ASOCIACIÓN CULTURAL NARÓN AMIGOS DEL ARTE
  • AGRUPACIÓN DEPORTIVA DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL
  • ASOCIACIÓN NARONESA ESGRIMA ANTIGA
O Alto
  • ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA MESTURAS
  • CNG MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
  • ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
  • AVV O ALTO DO CASTAÑO
  • AVV CHAFARÍS
  • ASOCIACIÓN CULTURAL CELEUMA
  • ONG LENA
  • ASOCIACIÓN EMPRESARIAS DA COMARCA DE FERROLTERRA (AECOFE)
O Couto
  • A.VV COUTO
  • FEDERACIÓN CORAL GALEGA - FECOGA
  • CLUB DEPORTIVO LODAIRO
Santa Icía
  • CLUB TENIS DE MESA CIDADE DE NARÓN
  • CLUB NARÓN TENIS DE MESA
  • ASOCIACIÓN CULTURAL SIEIRO
  • AVV VIRXE DO MAR
  • AVV A SOLAINA-TRASANCOS
Piñeiros
  • SOCIEDADE CULTURAL AREOSA
  • ASOCIACIÓN DE DIABÉTICOS DE FERROLTERRA
Freixeiro
  • ASOCIACIÓN CULTURAL FERRUM
  • A.VV. VIRXE DE FÁTIMA DE FREIXEIRO
Xuvia
  • ASOCIACIÓN FERROLTERRA AMIGOS DO FERROCARRIL
  • ANPA DO CEIP PONTE DE XUVIA
  • ANPA "ACIBRO" COLEXIO JORGE JUAN DE XUVIA
  • ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS SAN CLEMENTE
  • ASOCIACIÓN TEATRAL O ATURUXO DE MELPÓNEME
  • AVV ALTEA DE XUVIA

POSTA EN MARCHA DO CONSELLO XERAL DE PARTICIPACIÓN

Ademais do traballo por zonas, existirá outro órgano, o Consello Xeral de Participación, no que se tratarán asuntos que afecten a todo o territorio ou políticas e programas máis estratéxicas. Neste Consello estarán representados veciños/as a título particular, políticos/as e un membro de cada consello territorial.


Para seguir a actividade da Escola de Participación Cidadá:
Páxina de Facebook: Narón Participa


Documentos
Actualización do Regulamento de Participación Cidadá. Tamaño: 77,00 KB Descarga
Regulamento de Participación Cidadá. Tamaño: 763,1 KB Descarga
Borrador de Regulamento dos Centros Cívicos e Locais Sociais Municipais Tamaño: 107,00 KB Descarga
Regulamento de Funcionamento dos Consellos Territoriais Tamaño:158,00 KB Descarga
Directorio de actividades das entidades asociativas Tamaño:735,00 KB Descarga

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal