Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN ASISTE Á PRIMEIRA ASAMBLEA DO EIXO ATLÁNTICO COMO MEMBRO DE PLENO DEREITO
O CONCELLO DE NARÓN ASISTE Á PRIMEIRA ASAMBLEA DO EIXO ATLÁNTICO COMO MEMBRO DE PLENO DEREITO
Narón, 11 de Febreiro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Turismo, Mª Rodríguez Porto, asistiron o pasado venres 8 de febreiro á Asamblea Xeral do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, celebrada no Salón de Plenos do Concello de A Coruña.

Os responsables políticos municipais destacaron a importancia desta cita, ó tratarse da primeira vez que Narón acude como membro nato, e cun equipo de traballo xa formado. O Eixo Atlántico ten aprobado, nesta xuntanza, un orzamento de 3,6 millóns de euros para este ano 2013 –dos que o 88% procede de fondos externos-.

Nesta asamblea, analizouse o programa de actuacións previstas para este ano, reunidas baixo a denominación Eurorrexión 2020, e detalláronse os tres pilares para que as cidades sexan competitivas e poidan saír da crise: desenvolvemento inclusivo, desenvolvemento innovador, e desenvolvemento sostible.

Ademáis, o Eixo Atlántico ten intención de optar ás axudas da Unión Europea para o período 2014-2020 para a innovación, sostenibilidade, eficiencia enerxética e cooperación transfronteriza.

Esta entidade agrupa a 34 municipios de Galicia e Norte de Portugal, e representa a 7 millóns de habitantes. O Concello de Narón adheríuse ó Eixo Atlántico o pasado 1 de xaneiro de 2013. A súa incorporación permitirá ó municipio participar nos programas que se desenvolven a nivel comarcal e a nivel xeral, en temas coma a tecnoloxía, o turismo ou o medioambiente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal