Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A XUNTA ENTREGAN OS DIPLOMAS DE DOUS CURSOS DE AUXILIAR DE XERIATRÍA E ELECTRICIDADE
Foron concluídos con éxito por 29 alumn@s e forman parte do programa AFD da Xunta.
Narón, 15 de Febreiro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a delegada territorial da Xunta, Belén Docampo, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego de Narón, Mª del Mar Gómez, entregaron hoxe os diplomas correspondentes ós cursos de Auxiliar de Xeriatría e Operacións Auxiliares de Electricidade, que forman parte do programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD) da Xunta de Galicia para o ano 2012. Ambos cursos foron cofinanciados pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo, e que ofreceron unha reciclaxe profesional a un total de 29 alumnos (13 mulleres e 1 home formáronse en Auxiliar de Xeriatría, e 15 homes en Operacións Auxiliares de Electricidade). A Concelleira de Formación Laboral e Emprego felicitou @s alumn@s por ter concluido con éxito estos cursos, e os animou a realizar unha búsqueda de emprego intensa, contando co apoio do Concello de Narón a través dos Orientadores Laborais e Técnicos Locais de Emprego. Mª del Mar Gómez aproveitou a presenza da Delegada Territorial da Xunta de Galicia, para solicitar un maior compromiso da administración autonómica con Narón. “Precisamos da Xunta un maior esforzo, para que nos asesore e nos conceda máis cursos de formación para atender á poboación desempregada de Narón” declarou a edila. A Concelleira, pola súa banda, comprometeuse a aportar as instalación, e medios persoais e materiais para facer posible esta colaboración. Na mesma liña expresouse o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ó lembrar que este municipio ten experimentado un crecemento poboacional significativo nos últimos anos, que desgraciadamente tamén ven unido a un incremento do índice de paro, contando actualmente con más de 4.000 persoas desempregadas en Narón. “Esta cifra é unha lacra que temos que reducir ata chegar a erradicar canto antes, e por eso é preciso invertir en formación porque sen ela é imposible atopar un traballo digno na actualidade”, declarou o rexedor. José Manuel Blanco tamén falou dunha reducción dos cursos concedidos pola Xunta de Galicia no ano 2012 “pero agardamos que este ano sexan tidas en conta as nosas peticións, e se concedan os 10 cursos que acabamos de solicitar, porque a formación é o camiño para o emprego e para saír da crise”, indicou. Pola súa parte, a Delegada Territorial da Xunta tendeu a mano ó Concello de Narón “para continuar facendo novos cursos, ó mesmo que fixemos estos dous que hoxe clausuramos, e nos que investimos 81.000 euros”. Belén Docampo asegurou que a administración autonómica seguirá colaborando co Concello de Narón na formación de persoas desempregadas “posto que a Xunta está comprometida con este colectivo, e ademáis o Concello de Narón ten as instalacións e o persoal idóneo para estas accións formativas”, concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal