Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA ACOLLE A I XORNADA DE COOPERACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INTERCULTURALIDADE
A BIBLIOTECA ACOLLE A I XORNADA DE COOPERACIÓN, PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INTERCULTURALIDADE
Se celebra o venres 1 de marzo, cunha exposición de comidas e receitas tradicionais de varios países, e unha mesa redonda sobre a crise e a inmigración.
Narón, 25 de Febreiro de 2013.- A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Catalina García, e a delegada comarcal da Asociación Rumiñahui, Soledad Lucero, presentaron hoxe en rolda de prensa a I Xornada de Cooperación, Participación Cidadá e Interculturalidade de Narón, que se desenvolverá o venres 1 de marzo, de 17:30 a 21:30 horas, no baixo da Biblioteca Municipal do Alto.

No marco desta xornada, realizarase unha mostra e exposición de comidas e receitas tradicionais de España e do mundo, participando os seguintes países: Ecuador, Venezuela, Uruguay, Argentina, Brasil, Senegal, Marruecos, Mauritania, Colombia e O Congo. Tamén contarase coa participación do movemento asociativo de Narón.

Ademáis, haberá unha representación de danza a cargo do grupo de danza Galu Reranga, e unha mesa redonda baixo o título “A crise e a inmigración”. Participarán Mª del Mar Lorenzo (profesora da Universidade de A Coruña), Carlos Piñeiro (médico de Atención Primaria do Centro de Saúde de Narón) e Teresa Villaverde (abogada), que falarán dos aspectos sociais e culturais da inmigración, a situación sanitaria dos inmigrantes, e as leis que os afectan. A mesa redonda estará moderada por Miriam Soto (presidenta da asociación de mulleres Dulca Mara, creada a partir da asociación Rumiñahui).

A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Catalina García, fixo un chamamento público á cidadanía para que asistan a esta xornada, con entrada libre. “A través desta iniciativa, poderemos coñecer a realidade das persoas que proceden doutros países, sensibilizándonos con elas e facendo posible a súa integración na sociedade. Porque elas tamén teñen moito que aportarnos”, declarou a edil.

Respecto á degustación gastronómica, Soledad Lucero explicou que se realizarán en vivo “menús anticrisis” con ingredientes propios destos países, e se facilitará a receita a tódolos asistentes. “Esta xornada nace da necesidade de que a xente nos coñeza e nos acepte”, declarou a delegada comarcal de Rumiñahui.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal