Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ VISITA AS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN AFAES
A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ VISITA AS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN AFAES
Esta entidade de apoio a enfermos mentais busca financiación para un proxecto de produción e distribución de produtos de horta.
Narón, 20 de Febreiro de 2013.- A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Catalina García, visitou esta semana as instalacións da Asociación de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais (AFAES) ubicadas na Estrada de Castela (no barrio de Piñeiros) dende o ano 2006.

A visita, proposta pola directiva da asociación coa que o Concello de Narón ten un convenio de colaboración, servíu para que a edil de Participación Cidadá coñecese os servizos que presta esta entidade. Ademáis, dende AFAES informouse a Catalina García dun Proxecto para a produción, comercialización e distribución de produtos de horta, actualmente en fase de estudio.

Este proxecto será presentado dende AFAES proximamente ás concelleiras de Igualdade e Formación Laboral e Emprego de Narón, Teresa Sabio e Mª del Mar Gómez respectivamente, para buscar unha posible colaboración co fin de materializalo. A asociación dispón xa dun terreo para comenzar a traballar na creación da horta, pero precísase construir un pozo de auga cunha profundidade de 40 metros, e instalar un sistema de abastecemento de rego para poder realizar o cultivo.

Na actualidade AFAES conta cun centro ocupacional no que se ofrecen os seguintes servizos a particulares e empresas: Xardinería, Lavandería e Costura. Ademáis, desenvolve talleres de Manualidades, Encadernación e Informática, contando con máis de 50 prazas para os usuarios. Esta entidade tamén dispón de 3 vivendas tuteladas, con capacidade para 12 usuarios, estando todas ocupadas na actualidade.

A plantilla de AFAES está composta por 2 psicólogos clínicos, 1 traballador social, 2 terapeutas ocupacionais, 2 educadoras, 7 profesores de taller, 1 administrativo e 1 limpiadora.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal