Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PASEO DE XUVIA E O RECINTO DO TRECE ACOLLEN A II EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA 'CIDADE DE NARÓN'
O PASEO DE XUVIA E O RECINTO DO TRECE ACOLLEN A II EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA 'CIDADE DE NARÓN'
Os días 2 e 3 de marzo. O programa inclúe un concurso canino para cans con e sen pedigree, e exhibicións de agility e rescate. A entrada é libre.
Narón, 28 de Febreiro de 2013.- A Concelleira de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez, e a Concelleira de Turismo, Mª Rodríguez Porto, presentaron hoxe en rolda de prensa a II Exposición Nacional Canina ‘Cidade de Narón’, acompañadas polo presidente de Expogal (Sociedade Cinológica Gallega), Javier Dávila, organizador do evento.

A exposición desenvolverase o sábado 2 e o domingo 3 de marzo, en dous escenarios diferenciados: a primeira xornada será no Paseo Marítimo de Xuvia, e a segunda no Recinto Feiral do Trece. En ambos casos, a entrada é libre. As concelleiras de Feiras e Turismo fixeron un chamamento público á participación dos veciños/as de Narón e outros municipios a participar nesta exposición, coas súas mascotas ou ben achegarse como simples visitantes.

O prorgrama da II Exposición Nacional Canina ‘Cidade de Narón’ é o seguinte:

Sábado 2 de marzo (Paseo Marítimo de Xuvia)

17:00 horas: Exhibición de Agility
17:30 horas: Exhibición de rescate canino (a cargo da asociación CASAGA, que realizarán unha búsqueda entre escombros dunha persoa desaparecida e un rescate dunha persoa que simula un afogamento –no caso de que as condicións metereolóxicas o permitan-).
18:00 horas: Concurso canino para cans con e sen pedigree. No concurso para cans sen pedigree poderán participar cans (deberán estar vacunados e dispor do microchip obrigatorio) de tódolos tipos e razas, que se organizarán nas seguintes categorías: miss, mister, king-kong, e pitufín. O prezo da inscrición é de 3 euros.

Domingo 3 de marzo (Recinto Feiral do Trece –Sedes-)

10:00 a 11:00 horas: Inscricións.
11:00 a 14:00 horas: II Exposición Nacional Canina Cidade de Narón. Xuizos das diferentes razas.
16:30 horas: Finais da Exposición Nacional Canina, e entrega de trofeos. Otorgarase un punto ó gañador, valedero para o Campionato Autonómico de Cans de Raza.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal