Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZA UNHA 'CAZA DE LIBROS' PARA TODA A FAMILIA CON MOTIVO DO DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZA UNHA 'CAZA DE LIBROS' PARA TODA A FAMILIA CON MOTIVO DO DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Se celebra o martes 2 de abril a partires das 18:00 horas.
Narón, 21 de Marzo de 2013.- A Concellería de Educación e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de organizar unha actividade novedosa denominada “Bookcrossing”. Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, estase a promover unha recollida de libros para “liberar”.

Para participar, cada neno/a pode traer xa á Biblioteca do Alto (ata o día 27 de marzo) un exemplar para liberar, e deberá incluir no libro unha folla cos seguintes datos:

*Nome do neno/a
*Autor/a do libro
*Título do libro
*E un pequeno comentario persoal sobre o libro (de qué trata, se é divertido, se lle gustou ou non, unha mensaxe aos futuros lectores…)

Aqueles nenos/as que non dispoñan de ningún ou non queiran liberar un propio, poderán acudir igual á Biblioteca onde se lles facilitará un exemplar para poder participar na actividade.

Unha vez recollidos os libros, o martes 2 de abril ás 18:00 horas na Biblioteca, terá lugar unha xuntanza coas familias na que se explicará qué vai pasar cos libros liberados e cómo pódense cazar outros. Cada neno/a decidirá cándo e ónde vai liberar o seu libro, pero sempre dentro do municipio de Narón.

A caza de libros ou “bookcrossing” comezará unha vez que as familias se rexistren na páxina web habilitada para tal efecto e descubran onde hai libros liberados. Unha vez lidos, os poderán liberar xa pola súa conta no lugar que queiran. Ademáis dos libros aportados polas familias, a biblioteca liberará outro pequeno lote de libros infantís para ampliar as posibilidades de “caza”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal