Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A IX MOSTRA DA CAMELIA CELÉBRASE OS DÍAS 23 E 24 DE MARZO NO CENTRO COMERCIAL E DE OCIO 'DOLCE VITA ODEÓN'
A IX MOSTRA DA CAMELIA CELÉBRASE OS DÍAS 23 E 24 DE MARZO NO CENTRO COMERCIAL E DE OCIO 'DOLCE VITA ODEÓN'
O sábado repartiranse os premios do 5º Concurso de Flor de Camelia, no que participan 32 expositores de Galicia e Asturias.
Narón, 21 de Marzo de 2013.- A Concelleira de Festas e Ocio (Mª del Mar Gómez), o Presidente da Asociación Galega da Camelia (Tomas Casal), o Concelleiro de Medio Ambiente (Manuel Ramos) e a Concelleira de Turismo de Narón (María Rodríguez Porto) presentaron hoxe a IX Mostra da Camelia ‘Cidade de Narón’ que se celebrará os días 23 e 24 de marzo no Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón”.

Está prevista a presenza de 32 expositores procedentes das provincias de A Coruña e Pontevedra, e tamén de Asturias. Ademáis, haberá cinco asociacións de veciños de Narón que tamén participarán. A Mostra da Camelia inclúe o 5º Concurso de Flor de Camelia, no que se entregarán os seguintes premios:

-Mellor cultivador-expositor (o gañador deste galardón non poderá optar a ningún outro do concurso, pola súa importancia).
-Mellor composición artística colectiva (dirixido a asociacións).
-Mellor especie de camelia.
-Mellor camelia xapónica.
-Mellor camelia reticulata.
-Mellor camelia miniatura.
-Mellor híbrido de camelia.

O horario da Mostra da Camelia será o seguinte: sábado dende as 17:00 horas (entrega de premios e apertura da mostra) e domingo de 10:00 a 21:00 horas.

Ademáis, nesta ocasión a Mostra da Camelia contará con dous actividades paralelas: unha Exposición de Autos Clásicos de Narón (na que se poderán contemplar 25 vehículos de época –un deles de case un século de antigüedade-, no exterior de Odeón) e un obradoiro de pintura en vivo a cargo da Asociación Artístico-Cultural Mesturas (os cadros que saian desta actividade, serán mostrados no futuro nunha exposición) .

Narón mantén unha estreita relación coa promoción da camelia, e boa proba diso é o paseo de camelias que tense prantado fai dous anos no Parque Fluvial do Río Freixeiro, formado por 150 árbores deste tipo. Ademáis, conta xa cunha variedade de camelia denominada Cidade de Narón, en fase de cultivo. O apoio incondicional amosado polo Concello de Narón fíxolle gañador do título de Socio de Honra, que lle otorgará o sábado 23 a Asociación Galega da Camelia no transcurso do xantar previo á inauguración da mostra. Tamén recibirá o mesmo galardón o botánico Carlos Rodriguez Dacal, cuxo nome adorna unha praza do barrio do Alto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal