Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 50 ALUMN@S REMATARON CON ÉXITO TRES NOVOS CURSOS DO PROGRAMA DE FORMACIÓN 'CAMIÑO DE EMPREGO'
Dirixido a persoas en situación de desemprego, e financiado íntegramente polo Concello.
Narón, 5 de Abril de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, entregaron hoxe un total de 73 diplomas correspondentes a tres cursos de formación do programa municipal ‘Camiño de Emprego 3’. Algúns dos alumnos/as realizaron varios destos cursos, polo que o número total de beneficiarios ronda as 50 persoas. En concreto, entregáronse os diplomas dos cursos de Servizos Básicos de Restaurante e Bar (14 persoas), Habilidades para o Autoemprego (12 persoas) e Hixiene Alimentaria para Manipuladores de Alimentos (53 persoas). Tanto o Alcalde de Narón coma a Concelleira de Emprego felicitaron ós alumnos/as por ter finalizado con éxito estos cursos, ó tempo que lles animaron a continuar formándose con novos programas, e seguir co seu itinerario de emprego, para o cal poden contar co Servizo de Orientación Laboral (situado no entrechán do Concello). Ademáis, dixéronlles que non descartasen a posibilidade de convertirse en emprendedores, a través do autoemprego.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal