Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CELEBRACIÓN DO 8 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
CELEBRACIÓN DO 8 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
Deuse lectura ó Manifesto Xitano na Praza de Galicia, e nalgúns centros de ensino de Narón.
Narón, 8 de Abril de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, e a Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez, participaron hoxe no acto convocado pola fundación Secretariado Xitano con motivo da conmemoración do 8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano.

Esta celebración fíxose na Praza de Galicia, onde tras unhas verbas dos representantes municipais, tomou a palabra Sonia Monteiro para dar lectura ó Manifesto Xitano. A continuación, as mulleres de etnia xitana que participaron no acto –aproximadamente 15- lanzaron ó aire globos coas cores da bandeira xitana (verde, azul e vermello).

Hoxe tamén se deu lectura do Manifesto Xitano nos colexios de A Solaina, Ayala, Virxe do Mar e O Feal. Ademáis, no Colexio de O Feal e no IES As Telleiras celebraranse charlas de sensibilización sobre a cultura xitana, ó longo deste mes de abril.

Os actos conmemorativos do Día Internacional do Pobo Xitano continuarán o venres 12 de abril. Así, ás 17:00 horas celebrarase a Cerimonia do Río, en Freixeiro, cun acto floral e a lectura do Manifesto. A continuación, ás 18:00 horas no Centro de Maiores ‘Manuela Pérez Sequeiros’ se realizará unha convivencia intercultural, e se invitará á degustación do café xitano que elaborarán as propias mulleres.

O Día Internacional do Pobo Xitano foi institucionalizado –xunto coa bandeira e o himno xitano- no I Congreso Mundial Xitano celebrado en Londres en 1971, e significou o rexurdimento do movemento xitano internacional, así coma a súa visualización para a opinión pública. Trátase dunha ocasión para promover un maior achegamento destas persoas na sociedade, e para que a causa xitana non se estanque e continúe avanzando.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal