Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVA EDICIÓN DA FEIRA DO CABALO 'EQUINARÓN'
Se celebra o sábado 13 de abril no Recinto Feiral do Trece, en Sedes.
Narón, 5 de Abril de 2013.- A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, está a ultimar a organización da Feira do Cabalo ‘Equinarón 2013’ que se celebrará o sábado 13 de abril no Recinto Feiral do Trece (Sedes). Os interesados en participar, poden inscribirse xa no Mesón A Trasanquesa (Sedes) ou ben unha hora antes de comezar a feira, no propio recinto. Para poder participar nas probas, é imprescindible presentar unha fotocopia do Libro de Identificación Cabalar (LIC). As probas comenzarán ás 10:00 horas e se realizarán todas pola mañá. Este ano haberá as seguintes competicións: Probas libres: - Arrastre - Trote do país - Marcha libre Probas federadas: - Andadura serrada, dous tempos - Andadura chapeada, catro tempos - Marcha de trotóns As probas libres celébranse este ano por vez primeira. Haberá premios en metálico para cada unha destas competicións. Os interesados en participar poden obter máis información chamando ó número de teléfono do Concello 981 33 77 00 (extensión 1517).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal