Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAMPAÑA PARA MANTER OS PARQUES E PRAZAS PÚBLICAS LIMPOS DE EXCREMENTOS DE CANS
A Policía Local intensifica a vixianza nestas zonas para mantelas limpas, informando ós propietarios da obrigatoriedade de cumprir a Ordenanza de LImpeza do Concello de Narón.
Narón, 13 de Abril de 2013.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, está a levar a cabo unha nova campaña de sensibilización e implicación dos veciños de Narón de cara á conservación e utilización dos parques e xardíns públicos. Esta iniciativa consiste nunha maior presenza, por parte da Policía Local nestes espazos públicos, co fin de garantir que os propietarios de cans de compañía cumpren a Ordenanza de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón (publicada no BOP do 23 de novembro do 2012). Esta normativa establece a obrigatoriedade de levar ós cans potencialmente perigosos suxeitos con cadea e bozo, así como recoller as defecacións dos cans por parte dos seus propietarios. Non facelo consideráse unha infracción, e pode conlevar multas de ata 750 €. Os axentes da Policía informarán ós propietarios dos cans da actitude axeitada que deberán ter cos seus animais de compañía nas prazas e parques públicos, para que tódolos veciños podan usar e disfrutar destos espazos nas mellores condicións posibles. Xa no ano 2012, a Policía Local de Narón tramitou un total de 159 informes por incumprimento da Ordenanza de Tenencia de Animais de Compañía, no referido a cans.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal