Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA DO CONCELLO CONCIENCIA ÓS ESCOLARES DA PERIGOSIDADE DE CONDUCIR BAIXO OS EFECTOS DO ALCOHOL
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA DO CONCELLO CONCIENCIA ÓS ESCOLARES DA PERIGOSIDADE DE CONDUCIR BAIXO OS EFECTOS DO ALCOHOL
Narón, 17 de Abril de 2013.- O equipo de Educación Vial do Concello de Narón (formado por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, Policía Local e técnico de INEF respectivamente) están a realizar unha campaña escolar baixo o lema “Cando só un pouco máis é perigoso” en catro centros escolares de Narón, nos que se pretende chegar a 500 alumnos/as co fin de conciencialos da perigosidade dos efectos do alcohol sobre a condución.

Ata o de agora, esta campaña tense realizado nos colexios Ayala, O Feal e Santiago Apostol, onde hoxe tivo lugar unha sesión práctica de condución simulando os efectos da embriaguez, e a dificultade que ésta supón ó volante. Para levar a cabo esta proba, contouse coa axuda dun coche de prácticas da Autoescola Balocos e unha profesora da mesma, quen dirixía ás veces o coche no posto especial do copiloto.

Así, un grupo de alumnos/as deste colexio fixeron prácticas de condución e manobras de estacionamento, nun circuito delimitado con conos na praza situada na rúa Vilalba, frente á Praza de Galicia.

Primeiramente manexaron o vehículo en estado normal, e posteriormente puxéronse unhas gafas especiais que simulan o efecto do alcohol sobre a vista, distorsionando os elementos. O equipo de Educación Vial conta con diferentes gafas deste tipo, que simulan dende os 0.40 ata os 1.50 mililitros de alcohol por gramo, para mostrar ós escolares os efectos que causa a inxesta de bebidas alcohólicas. (Cabe lembrar que a taxa máxima de alcohol permitido para a condución é inferior ós 0.25 gramos por mil c.c. en aire espirado, e 0.50 gramos por mil c.c. en sangue).

Pero ademáis da disminución da agudeza visual –que é o que se apreciaba coas gafas- o conducir baixo os efectos do alcohol ten tamén outros efectos coma a disminución dos reflexos, a sensación de excitación e sobrevaloración das propias capacidades, o aumento do tempo necesario para reaccionar ante
un perigo inesperado, a disminución da capacidade para calcular distancias e velocidades, o aumento da sensibilidade ó deslumbramento, a perda do autocontrol, problemas de equilibrio e alteracións do oído e da fala, entre outros.

Destos efectos do alcohol sobre o volante falouse durante estos días nas aulas dos citados colexios, nos que se realizaron Obradoiros sobre os perigos do trinomio alcohol+coche+fin de semana. Ademáis, se proxectou un Cineforum sobre as campañas de Tráfico en diversos países, con imaxes de accidentes reais onde o alcohol e as drogas son as protagonistas. Tamén fixéronse prácticas de condución nun simulador de condución de moto e ciclomotor.

Esta campaña escolar rematará o 29 de abril no Colexio Jorge Juan. Está dirixida a escolares de Educación Secundaria (ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos.

Na sesión práctica de hoxe tamén estiveron presentes o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, e o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal