Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROPIETARIOS DE FINCAS CREAN UNHA ASOCIACIÓN DE SERVIZOS AGROFORESTAIS
Impulsados polo programa municipal "Monterrendible", deseñado para dinamizar estas parcelas de cara á súa rendabilidade económica.
Narón, 15 de Abril de 2013.- As Concellerías de Promoción Económica e Formación Laboral e Emprego, dirixidas polos edís Pablo Villamar e Mª del Mar Gómez respectivamente, a través do programa “Monterrendible” veñen de lograr o seu obxectivo central: promover e dinamizar a propietarios de fincas, baldías e forestais, para que se asocien e realicen contratos de servizos que lles permitan aforrar custes e vender a mellor prezo os seus produtos. No mes de marzo, o Concello concluíu un proceso de sensibilización por medio do cal se atenderon máis de 200 consultas (con propietarios de Narón e doutros concellos como Pontedeume, Fene, San Sadurniño, Valdoviño, Moeche, Cerdido e Ferrol), ofrecendo información e asesoramento a propietarios de fincas sobre a posibilidade de rentabilizalas. E na primeira semana de abril constituíuse a comisión xestora desta asociación de propietarios de fincas rústicas, que redactou unha proposta de estatutos da asociación para preparar a legalización desta entidade. Realizados estos trámites, o vindeiro xoves 18 de abril ás 20:00 horas terá lugar no Parque Integral de Desenvolvemento Rural “Aldea Nova” (Sedes) a asamblea fundacional desta asociación, a partir da cal se elevará ao rexistro autonómico de asociacións para a súa legalización. A asociación de servizos agroforestais será unha entidade sen ánimo de lucro, e terá como finalidade xestionar actividades e programas de información, asesoramento e formación dos seus socios, co obxecto de promover a organización e posta en valor das súas fincas rústicas, para que poidan acceder a subvencións e outras melloras económicas. A pesares de que xa existen moitas asociacións de comercialización de madeira en Galicia, a realidade é que non existen asociacións que presten un servizo integral, e que se dirixan non só a propietarios de montes senón a todo tipo de fincas rústicas. O programa municipal “Monterrendible” persigue que esta asociación evolucione para transformarse nunha cooperativa ou sociedade empresarial de propietarios de fincas para xestionar de forma colectiva as súas propiedades. Para iso, o Concello costea os gastos de asesoramento técnico durante 15 meses –dos que van transcurridos 5- polo que se pode concluir que os obxectivos se van cumprindo conforme ó establecido. De forma complementaria, o Concello prevé nos vindeiros 2 anos o diseño de itinerarios formativos para emprendedores, operarios de traballo en aproveitamento de fincas rústicas, e manufacturas de produtos agroforestais, gandeiros e alimentarios, en base ós posibles nichos de emprego que este proxecto poida xerar –estímase en 100 postos de traballo en 5 anos-. A Concellería de Promoción Económica aposta por este programa como alternativa de revitalización e valorización dos recursos naturais. A cooperativa de propietarios forestais permitirá a competitividade e a conservación dunha estrutura productiva das parcelas rústicas, que actualmente están en procesos de baixa produción ou de abandono. Narón conta cunha superficie forestal e de fincas rústicas baldías superiores ó 50% da superficie municipal. Esta situación estratéxica, unida a unha zona metropolitana e con excelentes comunicacións por estrada e por vía marítima, permiten unhas condicións ideais para exportar e aproveitar os seus recursos naturais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal