Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
INICIO DAS OBRAS DE MANTEMENTO E REPARACIÓN DE VIAIS NA ZONA RURAL
INICIO DAS OBRAS DE MANTEMENTO E REPARACIÓN DE VIAIS NA ZONA RURAL
Inclúense no POS 2012, e tiveron que ser aprazadas a causa das intensas chuvias dos últimos meses.
Narón, 20 de Abril de 2013.- A Concellería de Obras Públicas de Narón, dirixida polo edil Angel Castro, continuará a vindeira semana as obras de reparación asfáltica e alumeado incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) 2012, e que tiveron que ser aprazadas a causa das intensas chuvias rexistradas nos últimos meses.

Así, o POS 2012 conta cun orzamento total de 650.125,42 € que se destinará integramente ó mantemento dos viais da zona rural. Ata o de agora, tense actuado nas parroquias de Doso e Pedroso (esta última a piques de finalizar).

A partires da vindeira semana, os traballos realizaranse de xeito progresivo nas seguintes parroquias:

SEDES:

Asperón a Santa Mariña
Igrexa a Gándara
Feira a Lagoela
Villallonte a Canosa
Salgueiral (autovía)
Orzamento total: 204.076 €


SAN XIAO:

Ferrerías a S. Clemente
Berruga
Orzamento total: 22.066,36 €


CASTRO:

Senda a A Chousa
Penedo ó CPI O Feal
A Fraguiña ó Feal
Orzamento total: 55.871,87 €


O VAL:

Vilacornelle a Riazo
Carballedas a Lobeiro
Predeira a Pradedo
Vilacornelle a Sinde
Redondo a Modia
Orzamento total: 111.469,77 €


O COUTO:

Fonte de Neixa
O Picho
Rio Miño
Luis Amado
Orzamento total: 46.791,06 €


SAN MATEO:

Vacariza e Barcia
Orzamento total: 13.437,69 €



Asímesmo, está prevista a instalación de alumeado en O Val e San Mateo, por importe de 36.416,66 €.

Ademáis, o Concello ten en proceso de contratación as obras correspondentes ó POS 2013, dotado cun orzamento de 595.867 € (dos que máis da metade se destinará á realización de obras novas, e o resto a mantemento viario).

A elección das obras que se inclúen no POS faise logo de escoitar ás propostas elaboradas polas asociacións de veciños de cada parroquia, tal e como lembrou o Concelleiro de Obras Públicas, Angel Castro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal