Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A 4ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO 'XUVIÑO 2013' CELÉBRASE DO 14 Ó 16 DE XUÑO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
A 4ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO 'XUVIÑO 2013' CELÉBRASE DO 14 Ó 16 DE XUÑO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Os Concellos de Narón e Neda comenzan as reunións preparatorias
Narón, 25 de Abril de 2013.- A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, reuniuse hoxe no Concello coa Concelleira de Turismo de Neda, Montserrat Rico, de cara á preparación conxunta da 4ª Feira do Viño “Xuviño 2013”, que se celebrará do 14 ó 16 de xuño no paseo marítimo da ribeira de Xuvia, que discorre entre ambos municipios.

Nesta primeira xuntanza de traballo constatouse o interese dos bodegueiros por participar nunha feira que estase consolidando, a xuizo da elevada participación de público nos tres anos pasados. Así, a día de hoxe xa está confirmada a presenza de máis de 14 bodegas, e a presenza de máis viños brancos nas mesmas (en anos anteriores, os caldos maioritarios eran os tintos). O prazo de inscrición para as bodegas continúa aberto, e os interesados poden informarse no teléfono 630 37 27 71.

A organización intentará superar non só o número de bodegas presentes, senón tamén a oferta gastronómica que complementa a Xuviño. Así, haberá –ó igual que o ano pasado- degustación de produtos gastronómicos típicos de ambos municipios: o pemento do Couto e o pan de Neda. Pero tamén se ofrecerán outras viandas, para degustar xunto cos viños.

Ademáis, agárdase incrementar o número de visitantes de fora da bisbarra, para o cal se realizará unha promoción da feira noutras comarcas, de cara a atraer a máis público aínda. Para os máis pequenos, haberá un espazo infantil no que poderán divertirse mentres os maiores visitan a feira.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal