Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CICLO DE CINE EN GALEGO, CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS
CICLO DE CINE EN GALEGO, CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ó longo deste mes proxectaranse as películas 'O Apóstolo' e 'Enrugas'
Narón, 25 de Abril de 2013.- Co fin de dar a coñecer e promover o patrimonio audiovisual galego entre a mocidade, a Concellería de Educación -dirixida pola edil Mª del Carmen Espada-, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza a proxección de dúas películas en lingua galega, ó longo do mes de maio en diferentes locais sociais e na Biblioteca Municipal. Estas actividades enmárcanse dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) en Narón. Así, nos locais das asociacións de veciños proxectarase a película O Apóstolo, e na Biblioteca Municipal do Alto a cinta Enrugas.

As datas e horarios de proxección son os seguintes:

O Apóstolo

-Local Social Municipal de A Gándara: venres 3 de maio, ás 20:00 horas.
-Local Social de Chafarís: venres 10 de maio, ás 20:00 horas.
-Local Social Municipal do Alto do Castaño: venres 24 de maio, ás 20:00 horas.
-Local Social Municipal de San Xiao: sábado 25 de maio, ás 19:00 horas.
-Local Social Municipal de Castro: venres 31 de maio, ás 20:00 horas.

Enrugas

-Biblioteca Municipal do Alto: xoves 23 de maio, ás 18:00 horas.

En tódolos casos, a entrada é de balde. Estas película están dirixidas fundamentalmente ó público xuvenil.

O Apóstolo é unha película dirixida por Fernando Cortizo, da produtora Artefacto Producciones. Trátase dun filme de animación en stop-motion 3D que trata dun preso que acaba de fugarse do cárcere e intenta recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago. Nembargantes, o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu: sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar
sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.

Enrugas, de Ignacio Ferrera, e da productora Perro Verde Films, é unha película de animación baseada no cómic de Paco Roca. Narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que acaba de chegar á residencia nun estado inicial de Alzheimer, será axudado por Miguel e outros compañeiros para non acabar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos, que é como chaman alí ós desafiuzados. O seu alocado plan tingue de comedia e tenrura o tedioso día a día da residencia.

Ademáis da proxección de cine en galego, o Concello de Narón ten programadas outras actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Así, está aberta a convocatoria (ata o 10 de maio) para participar no 4º Concurso de Monólogos ‘Qué me dís!’ en lingua galega. Pódense consultar as bases na páxina web do Concello (www.naron.es)

Tamén dentro da programación das Letras Galegas, durante o día de hoxe estanse a celebrar sesións de contacontos nas tres Escolas Infantís Municipais. Esta é unha actividade dirixida a nen@s de infantil (de 2 a 3 anos) co fin de fomentar a transmisión interxeneracional da lingua e do patrimonio cultural galego. O contacontos transmitiralle ó alumnado unha das lendas relativas ó Concello de Narón (a lenda do Castro de Eiravedra, da Pena Lopesa,…). A actividade lévase a cabo hoxe nos seguintes horarios: EIM A Gándara: 10:00 horas, EIM A Solaina: 11:30 horas, EIM Piñeiros: 17:30 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal