Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E ENTIDADES VECIÑAIS PRESENTAN UNHA PROPOSTA PARA PERCORRER 1.000 KMS DURANTE O MES DE MAIO
O CONCELLO E ENTIDADES VECIÑAIS PRESENTAN UNHA PROPOSTA PARA PERCORRER 1.000 KMS DURANTE O MES DE MAIO
O obxectivo desta iniciativa é dinamizar o II Encontro Interxeneracional, que se celebrará o 29 de xuño na Feira do Trece (Sedes)
Narón, 2 de Maio de 2013.- A Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, presentou hoxe en rolda de prensa unha proposta de acción dirixida por asociacións organizadoras do II Encontro Interxeneracional (que se celebrará no recinto feiral do Trece –Sedes- o vindeiro 29 de xuño). Trátase do reto de percorrer polo menos 1.000 kilómetros ó longo do mes de maio, por parte de cada asociación participante no encontro, para dinamizar aínda máis este evento.

Cada asociación participante organizará as saídas e as rutas, intentando acadar polo menos os 1.000 kilómetros andados nun mes, coa única obrigación de realizar as rutas polos diferentes barrios do concello (cada asociación polo seu). Para ir contabilizando as distancias percorridas, crearase a figura do “tesoureiro/a dos kilómetros”, quen contabilizará os kilómetros camiñados por cada participante para sumalos ó total.

Concluída a actividade, entregaranse diplomas personalizados coas achegas de cada participante o día do II Encontro Interxeneracional. Ese mesmo día, farase un remate simbólico cun circuito de 4 kilómetros que serán percorridos polas dúas persoas participantes de maior e menor idade, de cada entidade.

Esta actividade ten varios obxectivos. Por un lado, a promoción da actividade física mediante unha proposta cooperativa e interxeneracional. Por outro, dinamizar a vida asociativa a través da promoción dunha tarefa común, e impulsar o papel dos participantes como “activos en saúde” e modelos de comportamentos saudables. Ademáis, preténdese favorecer a economía local durante o desenvolvemento destas rutas.

A relación de entidades participantes é a seguinte: AVV Altea de Xuvia, AVV Ceibe de Narón, AVV do Alto do Castiñeiro, Club de anciáns de Piñeiros, AVV Virxe de Fátima de Freixeiro, Centro Comunitario Integrado “Manuela Pérez Sequeiros”, Asociación da 3ª idade de A Gándara, AVV de A Gándara, Asociación da 3ª idade de A Solaina, AVV Chafarís, Grupo de Traballo Comunitario de Sedes, Asociación da 3ª idade de Pedroso, AVV A Naveira de Doso, Fogar de Maiores Terra de Trasancos de O Val e AVV Virxe do Mar.

Xunto coa Concelleira de Promoción Social, participaron na rolda de prensa diferentes representantes de entidades sociais, como Eugenia Méndez (Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa de O Val), Mª José Cal (AVV Virxe do Mar) e Manuel García (AVV Chafarís, do Alto do Castiñeiro).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal