Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PEDROSO CELEBRARÁ A ROMARÍA DA VIRXE DA O CUN VARIADO PROGRAMA DE ACTIVIDADES
PEDROSO CELEBRARÁ A  ROMARÍA DA VIRXE DA O CUN VARIADO PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Ademáis da misa solemne e procesión, haberá propostas culturais e gastronómicas dende o xoves 9 ata o domingo 12 de maio
Narón, 7 de Maio de 2013.- As Concelleiras de Turismo e Festas de Narón, María Rodriguez Porto e Mª del Mar Gómez, presentaron hoxe en rolda de prensa a Romaría da Virxe da O, que se celebrará entre o xoves 9 ó domingo 12 de maio, na parroquia de Pedroso. Estiveron acompañadas polo párroco de Pedroso e San Sadurniño, Xavier Martínez, a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa ‘A Pombiña’ de Pedroso, Ana Belén García, e o vicepresidente da AVV ‘Virxe da O’ de Pedroso, Roberto Bouzas.

Nesta nova edición da Romería da O, o Concello de Narón e as entidades veciñais traballaron cóbado con cóbado para darlle un novo pulo á tradicional romaría, deseñando un completo programa de actividades. “Temos desenvolvido un importante traballo en equipo, e se non fose así, non o poderíamos ter organizado”, declarou a Concelleira de Turismo. Pola súa parte, a Concelleira de Festas convidou a tódolos veciños/as de Narón e tamén ós de outros municipios a participar neste festexo popular, que terá como ‘día destacado’ o domingo 12 de maio, cando se celebra a tradicional peregrinación á Ermida de Nosa Señora da O. As persoas que acudan este ano á romaría, recibirán un pano co que se lles identificará como ‘romeiros’.

O programa da Romaría da Virxe da O é o seguinte:

-Xoves 9 de maio: ás 19:30 horas, charla-coloquio sobre “A Historia da Parroquia de San Salvador de Pedroso”. No local da Asociación A Pombiña de Pedroso. A continuación ofrecerase unha copa de viño español.

Este día tamén quedará inaugurada a Exposición fotográfica “Pedroso e a súa xente no século XX” formada por case 200 instantáneas antigas desta parroquia, que se poderá visitar no local da Asociación ‘A Pombiña’ durante todo o fin de semana.

-Venres 10 de maio: a partires das 18:00 horas, obradoiro de roscos no local da Asociación ‘A Pombiña’ de Pedroso.

Tamén o venres, alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP de A Solaina, e do colexio de San Sadurniño, realizarán unha marcha ciclo-turista
ata a Capela da O, acompañados polo equipo de Educación Vial do Concello de Narón. Alí serán recibidos polo párroco, quen lles entregará un diploma acreditativo de peregrinos.

-Domingo 10 de maio: misa solemne e ó finalizar, ás 12:30 horas celebrarase a tradicional procesión órredor da capela da Virxe da O. Ás 13:30 horas subastaránse os roscos, e xa pola tarde, ás 18:00 horas, actuará o Grupo de Baile Tradicional do Padroado de Cultura. A continuación, haberá unha representación músico-teatral a cargo do colectivo Celeuma.

A Romaría da Virxe da O celébrase dende hai máis de 200 anos, o segundo domingo de maio. Numerosos fieis acuden ó seu santuario para pedir á Nosa Señora da O polos enfermos, as colleitas, o gando e as necesidades da vida. Este ano intentarse darlle un carácter máis festivo, pero sen perder a tradicional relixiosidade que ten unha romaría coma esta. Ademáis desta celebración, a Capela da O abre ó culto cada 15 días.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal