Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA 6ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR DO CONCELLO DE NARÓN
PRESENTACIÓN DA 6ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR DO CONCELLO DE NARÓN
Celébrase o mércores 15 de maio, cunha ruta ó longo da Estrada de Castela ata chegar ó paseo marítimo de Xuvia. Agárdase a participación de 2.500 escolares.
Narón, 14 de Maio de 2013.- O Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e os responsables de Educación Viaria do Concello (Pedro Caneiro e Simón Cabarcos) presentaron hoxe en rolda de prensa a 6ª Marcha Ciclista Escolar, que se desenvolverá mañá a partires das 10:00 horas, con saída de A Gándara (á altura do hipermercado Alcampo).

Está prevista a participación aproximada de 2.500 escolares de 3º a 6º de Educación Primaria, dos seguintes colexios de Narón: CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, Colexio Santiago Apóstol, CPI O Feal, CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, Colexio Jorge Juan, CEIP Ponte de Xuvia, Colexio Ayala. Tamén participará o CEIP Maciñeira (de Neda) e este ano por vez primeira un grupo de 15 usuarios da Asociación Nuestra Señora de Chamorro –que realizarán a marcha dende a estrada de O Feal-.

O pelotón circulará, ó igual que en anos anteriores, pola Estrada de Castela, contando coa axuda das ANPAS dos colexios, da Policía Local e de Protección Civil de Narón, o Motoclub Fojeteiros e clubes ciclistas da comarca. Estarán coordinados polo equipo de Educación Viaria do Concello, que organiza esta actividade como unha festa de fin de curso, coa que dan por finalizado o programa de Educación Vial que imparten nos centros educativos de Narón.

A marcha rematará no paseo marítimo de Xuvia, onde haberá sorpresas para os participantes. Tamén recibirán un bocadillo e unha bebida, a modo de avituallamento. O equipo de Educación Vial lembra a obrigatoriedade de levar casco na marcha ciclista, que en caso de choiva intensa se suspenderá e intentará realizarse noutra data.

O Concelleiro de Seguridade Vial de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu públicamente o traballo que esta a facer o equipo de Educación Vial nos centros de ensino de Narón, concienciando ós estudantes sobre a necesidade de coñecer e cumprir as normas de seguridade vial. Pero tamén tivo unhas palabras de agradecemento ós voluntarios que mañá participarán na Marcha Ciclista Escolar, e que son máis de 200 pais e nais. “Sen o seu traballo, sería imposible organizar un evento destas características” indicou o edil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal