Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO REDESEÑA A WEB DE TURISMO PARA ADAPTALA A TÓDOLOS SOPORTES INFORMÁTICOS
O CONCELLO REDESEÑA A WEB DE TURISMO PARA ADAPTALA A TÓDOLOS SOPORTES INFORMÁTICOS
A nova maquetación adáptase de xeito automático ao formato de pantalla de calqueira soporte (ordenadores, smartphones e tabletas dixitais).
Narón, 20 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, presentaron hoxe en rolda de prensa o novo aspecto estético da páxina web de Turismo, www.turnaron.es

A principal novidade que incorpora este portal é a maquetación, que foi totalmente remodelada para facela máis accesible e dotala dun deseño máis limpo e funcional. Así, tense aplicado unha maquetación “responsive” que permite que o deseño, distribución e tamaño dos contidos se adapte de xeito automático ao formato de pantalla dende a que se accede ao portal web, independentemente do soporte informático que se empregue (xa sexa un smartphone, unha tableta ou diferentes tamaños de pantalla de ordenador). Con este cambio, a páxina web de turismo de Narón convírtese no primeiro portal web oficial de turismo municipal que adopta esta técnica en toda España.

No deseño da maquetación seguíronse técnicas “cross-browser” (que fan o portal web accesible dende calquera navegador mantendo as dimensións en todos eles) e aplicouse un deseño limpo e ordenado, con tipoloxías de fácil lectura e cores que non distraesen a atención e permitisen focalizar ben a atención.

En canto á estrutura da páxina, os contidos distribúense en bloques para facilitar o seu uso. Na parte superior está situado o menú de navegación, que se desprega para permitir un fácil uso. Debaixo, aparecen varias imaxes dos recursos turísticos de Narón (son fotografías pertencentes ó III Concurso de Fotografía Turística, convocado este ano polo Concello). A continuación, tres bloques facilitan o acceso á información esencial para o turista: cómo chegar a Narón, onde aloxarse e onde comer.

O seguinte bloque de contidos fai unha presentación de propostas de ocio e eventos destacados, e por último, o bloque do corpo central da a benvida e permite o acceso a contidos descargables, coma o díptico informativo do Mosteiro do Couto, o rueiro de Narón, e a Guía de Turismo. Finalmente, o pé de páxina acolle datos de contacto e as derradeiras novas.

A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, destacou a importancia da potenciación do turismo “como fonte de riqueza, posto que move calquera actividade económica. Por iso pensamos que era moi importante darlle un novo impulso a esta páxina, e así o temos feito”; declarou.

Na mesma liña expresouse o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ó indicar que “Narón segue na senda de aplicar as novas tecnoloxías ós novos proxectos, e neste caso o Turismo. Queremos continuar promocionando o noso patrimonio, pero sen esquecer que seguimos apostando dentro da Mancomunidade, pola creación dun gran ente de turismo que represente ós 23 concellos desta zona”, sinalou o rexedor, engandindo que ata que esa empresa mixta de turismo sexa unha realidade, Narón “continuará promocionando a súa riqueza paisaxística e cultural”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal