Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGA A PRIMEIRA MEDALLA DE SERVIZOS DISTINGUIDOS A UN OFICIAL DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN
Arriscou a súa vida para salvar a un home a piques de afogarse no río Xuvia.
Narón, 23 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entregou hoxe ó Oficial da Policía Local de Narón, Juan Manuel Delgado González, a Medalla de Servizos Distinguidos do corpo da Policía Local de Narón. Trátase da primeira vez que o Concello de Narón otorga unha distinción destas características, concedida pola súa actuación digna de destacar e especialmente meritoria no rescate dunha persoa sucedido en agosto de 2012. O homenaxeado recibíu esta distinción pola súa dedicación e profesionalidade na prestación do servizo, poñendo de manifesto as cualidades de valor e sacrificio, e da cal derivou un risco grave para a súa vida. O Concello de Narón entende que o Oficial da Policía Local superou na súa actuación o estrito cumprimento das súas obrigas e deber regulamentario, ó arroxarse ó río Xuvia para socorrer a unha persoa que estaba atrapada no fondo do mar, dentro dun vehículo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) na súa edición de hoxe, tamén informou da concesión da Medalla ao mérito da Policía Local concedida pola Xunta de Galicia a Juan Manuel Delgado González, que se lle entregará proximamente. Pero ademáis de distinguir a actuación do Oficial da Policía Local, o Concello de Narón tamén destacou o comportamento dos axentes da Policía Local Carlos Carral Orjales e Manuel Bello Martínez, que estaban de servizo con él nese momento, e que axudaron no rescate e nas labores de reanimación do accidentado. O Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, entregáronlles dúas Mencións Honoríficas pola súa actuación. A concesión destas distincións foi aprobada por unanimidade pola Corporación Municipal de Narón, na sesión plenaria celebrada o 25 de outubro de 2012.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal