Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O MINISTERIO DO INTERIOR ADXUDICA Ó CONCELLO DE NARÓN A ANTIGA CASA CUARTEL DA GARDA CIVIL DE XUVIA
O MINISTERIO DO INTERIOR ADXUDICA Ó CONCELLO DE NARÓN A ANTIGA CASA CUARTEL DA GARDA CIVIL DE XUVIA
O Concello abonará en varias anualidades un total de 158.680 euros pola propiedade do inmoble.
Narón, 22 de Maio de 2013.- O Ministerio do Interior acaba de notificar ó Concello de Narón a adxudicación directa da antiga casa cuartel da Garda Civil (situada na estrada de Castela nº 845-855, en Xuvia) pola cantidade de 158.680,56 €, correspondente ó importe de taxación do citado inmoble.

Así, o Concello deberá realizar o ingreso do 25% do importe total (39.670,14€) en concepto de garantía e primeiro prazo, antes da firma da escritura por ambas partes -que se realizará cando o Ministerio indique a data para acudir ó Notario-. O resto do diñeiro abonarase en tres anualidades de igual importe cada unha.

Cabe destacar que o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, realizou unha intensa negociación co Ministerio do Interior, quen inicialmente prantexaba a venta deste inmoble por un importe superior ós 800.000€. Esta cantidade foise rebaixando progresivamente grazas ós informes técnicos municipais aportados polo Concello de Narón, ata chegar ós 234.000€. E desa cifra deducíuse o coste do derribo do inmoble (de máis de 2.000 m2 de superficie e que presenta un estado ruinoso), ata baixar o prezo de venta ós 158.680€.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal