Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CORPORACIÓN MUNICIPAL RESPALDA ÓS ANTIGOS TRABALLADORES DA EMPRESA PRIVILEGE
A CORPORACIÓN MUNICIPAL RESPALDA ÓS ANTIGOS TRABALLADORES DA EMPRESA PRIVILEGE
Mantiveron unha xuntanza co Alcalde e os grupos políticos municipais na que acordaron unha unidade de acción conxunta, para defender a continuidade da empresa en Narón.
Narón, 24 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os voceiros dos grupos políticos municipais, reuníronse hoxe cos traballadores que formaron a empresa Seaquarz –antigos empregados de Privilege- para abordar a difícil situación pola que está a atravesar esta compañía, con sede no polígono de As Lagoas (Narón).

Como se recordará, en xaneiro do ano 2012 o grupo Quarella (accionista maioritario de Privilege, cun 60% do total) solicitou o concurso voluntario de acredores ante a situación de inactividade da empresa. Sucesivos trámites deron paso á fase de liquidación e subasta da empresa, que lle foi adxudicada en xaneiro de 2013 ós mesmos propietarios, a través da firma Poliver S.P.A. O Xulgado permitiu a esta empresa ceder a titularidade a Poliver Iberia S.L.U., empresa creada recentemente cun capital social de 3.000 € e tendo como administrador único a Rafael Zanota –o mesmo administrador que levou a Privilege á situación actual-.

A firma Poliver fíxose coa propiedade de Privilege ó lanzar unha oferta de 6 millóns de euros que aínda están pendentes de abonar por parte de esta compañía. Coa autorización do administrador concursal, que permitiu modificar as condicións da oferta, Poliver cuantificou nun 40% a maquinaria e o 60% restante a nave e os terreos. “As liñas de produción que están instaladas agora mesmo en Privilege teñen un valor moitísimo superior, xa que só o material está valorado en máis dun millón de euros” declarou o Alcalde.

Dende o Concello de Narón sospéitase que os planes de Poliver pasan por desmantelar a empresa e vender a maquinaria, toda vez que aínda non presentaron os 6 millóns de euros, e o Xulgado tenlle concedido unha segunda prórroga que vence o día 5 de xuño, para depositar o diñeiro.

O Alcalde de Narón e o resto de representantes municipais están convencidos da viabilidade dunha empresa destas características, xa que das 17 que existen no mundo ningunha –agás Privilege- tivo problemas económicos, posto que a súa produción (pedra artificial) ten unha boa saída no mercado. Por iso, e para preservar os 40 postos de traballo que contempla a oferta presentada por Seaquarz, o Concello de Narón fará todo o posible para manter esta empresa en Narón e que volva a ser viable.

O Alcalde, José Manuel Blanco, apelou á responsabilidade sobre o futuro desta empresa tanto por parte da Xunta de Galicia coma do Estado, posto que Privilege estaba participada polos organismos autonómicos Xesgalicia e Sepides (cun 20% de accións cada un). “Privilege puido recibir dende os seus inicios, cando levaba o nome de Tilestone, máis de tres millóns de euros en axudas públicas para o seu desenvolvemento e con estas actuacións parece que están a xogar coa capacidade dos traballadores, para que recurran a sentencia pero sen saber canto tempo vai a durar esta situación” declarou o Alcalde. José Manuel Blanco instou á Xunta de Galicia “a un apoio efectivo nas demandas dos traballadores”.

Para iso, o Concello acordou por unanimidade non permitir o desmantelamento desta empresa, e solicitar sendas entrevistas con:

-Os propietarios de Poliver S.P.A, para coñecer cal é a súa postura e os seus plans de futuro para esta empresa.

-O Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, para saber cal vai ser a postura da administración autonómica neste problema.

O Alcalde de Narón insistíu en que a Xunta de Galicia “non pode abandonar a estes traballadores, e menos agora tal e como está a situación económica desta bisbarra”. O rexedor tamén avanzou que dende o Concello de Narón “estudaremos tódalas medidas legais que estean ó noso alcance para impedir o desmantelamento desta empresa” concluíu José Manuel Blanco.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal