Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O 11º ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE TERÁ LUGAR O VENRES 7 DE XUÑO EN A GÁNDARA
O 11º ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE TERÁ LUGAR O VENRES 7 DE XUÑO EN A GÁNDARA
Está prevista a participación de máis de 350 mozos/as de Narón e doutros puntos da comarca e de Galicia.
Narón, 24 de Maio de 2013.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a ultimar a organización do 11º Encontro Local da Mocidade, que se celebrará o venres 7 de xuño (entre as 16:00 e as 00:00 horas). No caso de bo tempo, as actividades se realizarán no exterior (skatepark e arredores da Casa da Mocidade) e no caso de condicións metereolóxicas adversas, se levará a cabo no interior do pavillón da Casa da Mocidade (A Gándara).

O Encontro Local da Mocidade ten como obxectivo crear espazos e lugares para o debate e a comunicación entre a mocidade, que permitan xerar estruturas organizativas, ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns. Está dirixido a mozos/as de 14 a 30 anos de idade –especialmente ós que estean entre os 16 e os 23 anos-.

Está previsto superar a participación do ano pasado, no que se deron cita 350 mozos/as dos distintos barrios e parroquias do municipio e de outros concellos da bisbarra, e mesmo doutros puntos de Galicia. Organizaranse actividades musicais, artísticas, de ocupacións, deportivas, e de lecer.
Nesta nova edición, se desenvolverán as seguintes actividades :

De 16:00 a 19:00 h:
-Obradorio de confección de malabares e exhibición. Grupo mozos/as afeccionado. Exterior: zona skatepark.
-Obradoiro de patinaxe en liña. Sobre rodas patinaxe. Exterior: zona skatepark.
-Obradoiro de Xogos de mesa. Rapaz afeccionado de Narón. Exterior: zona skatepark.
- Obradoiro de abaloiros( confección de pulseiras e chaveiros). KM Complementos. Exterior: zona skatepark.
-Obradoiro de tenis de mesa. Clube Narón Tenis de mesa. Interior do pavillón da Casa da Mocidade.
-Obradoiro de “Flag Football”. Trasnos de Fene. Exterior do pavillón Casa da Mocidade.
- Obradoiro de tiro con arco. Tiro con Arco Narón. Interior do pavillón da Casa da Mocidade.
- Obradoiro de graffiti. Garffietrio “Ja” e alumnado da actividade extraescolar “Exprésate co Graffiti”. Exterior pavillón Casa da Mocidade.

De 16:30 a 18:30 h:
-Actuación dos grupos vocais xuvenís “ Os Anxos de Nelu” do I.E.S As Telleiras.
-“Coro Solidarium” do I.E.S Terra de Trasancos.
-“Cantar e Divertirse xuntos” da actividade extraescolar municipal. Escenario exterior Casa da Mocidade.

De 18:00 a 21:00 h:
-Obradoiro de customización de roupa. Nicanora. Exterior: zona skatepark.
-Obradoiro de confección de camisetas graffiteadas. Dinamo xestión. Exterior: zona skatepark.

De 19:00 a 21:00 h:
-Exhibición de roller. Mozos/as afeccionados/as. No skatepark.
-Actuación DJ SAMUK. Zona skatepark.

De 21:00a 00:00 h:
-Actuacións musicais Escola de Música Moderna municipal.
-Actuación de grupo vocal municipal xuvenil e alumando da escola de música moderna.
-Combo de alumnado de guitarra.
-Actuación do grupo musical “Ergu Bai”. Escenario exterior Casa da Mocidade.

De 16:00 a 00:00 h:
-Exhibición de Graffiti. Mozos/as graffietiros de Narón e comarca. Grupo de alumnado da actividade extraescolar “Exprésate co graffiti”. Exterior pavillón Casa da Mocidade.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal