Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DAS 'BICIQUEDADAS' ORGANIZADAS POLA CONCELLERÍA DE TURISMO DE NARÓN
PRESENTACIÓN DAS 'BICIQUEDADAS' ORGANIZADAS POLA CONCELLERÍA DE TURISMO DE NARÓN
Convocaranse a través da web municipal de Turismo, e servirán para explorar e redescubrir os puntos de interese turística de Narón.
Narón, 28 de Maio de 2013.- A Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil María Rodríguez Porto, ven de organizar unha campaña de turismo activo, dentro da cal propón a realización dunha actividade denominada Biciquedadas.

Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer os diferentes puntos de interese turístico de Narón, e participar dunha actividade de turismo activo. O programa de Biciquedadas está dirixido a tódalas idades, resultando imprescindible para participar a bicicleta e o casco

Para participar nas Biciquedadas é necesario consultar a páxina web de Turismo (www.turnanon.es) onde aparecerá a información relativa a esta actividade. Cada semana irase publicando nesta páxina unha fotografía ou unha pista dun punto de interese turística de Narón, e se citará ós participantes ese mesmo día nese lugar a unha hora concreta. Os inscritos deberán acudir ata alí en bicicleta, e os 50 primeiros en chegar recibirán unha gorra, a modo de agasallo.

O primeiro punto ó que deberá acudirse desvelarase o día 20 de xuño na web e no Facebook de Turismo de Narón, e o segundo punto se comunicará o día 22 de xuño. En función do número de participantes, as Biciquedadas están previstas para os seguintes días:

-22 de xuño ás 17:00 horas
-23 e 30 de xuño ás 12:00 horas
-6 de xullo ás 12:00 horas

A Concelleira de Turismo convidou á cidadanía a participar nesta actividade “na que se unen o fomento da vida saudable e a potenciación do turismo activo”, comentou María Rodríguez Porto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal