Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O 26º RALLIE DE NARÓN DISPÚTASE O DIA 8 DE XUÑO, COA PARTICIPACIÓN DE 102 PILOTOS
O 26º RALLIE DE NARÓN DISPÚTASE O DIA 8 DE XUÑO, COA PARTICIPACIÓN DE 102 PILOTOS
O Concello e a Escudería Siroco Team presentaron esta nova edición da proba, que consta de 376 kilómetros de carreira.
Narón, 3 de Xuño de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e o secretario da Escudería Siroco Team de Narón, Moncho Padín, presentaron hoxe en rolda de prensa o 26º Rallie Cidade de Narón, que se desenvolverá os días 7, 8 e 9 de xuño.

Esta edición consta de 376 kilómetros de carreira que se percorrerán o sábado 8 de xuño, entre os que destacan catro tramos cronometrados. Como en edicións anteriores, o parque de vehículos estará situado no exterior do Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’ e o parque de asistencia no Polígono de Río do Pozo.

A Escudería Siroco Team ten rexistrados un total de 102 participantes, entre os que destaca unha elevada participación local. Para que todo aconteza segundo o previsto, haberá un total de 230 persoas na organización do rallie. Tanto a Concelleira de Deportes coma o Alcalde de Narón pediron ós espectadores que cumpran escrupulosamente as medidas de seguridade establecidas polos organizadores.

Esta nova edición do Rallie de Narón está a sufrir tamén a crise, situación que se reflexa na redución do orzamento da proba. Aínda así, o Concello de Narón é o principal patrocinador, cunha achega que sitúase en 43.000€ frente ós 900€ que ten anunciado a Deputación de A Coruña para subvencionar este campionato. “Lamento que por parte da Deputación non se apoie a este rallie como é debido, e que éste sexa un caso máis da discriminación que está a levar a cabo cos clubes e entidades deportivas de Narón”, sinalou Natalia Hermida.

A responsable de Deportes de Narón engadíu que no ano 2011 a Deputación otorgou 9.000€ ó Rallie de Narón, reducindo a cantidade ata os 900€ no ano 2012 –aínda sen cobrar- e neste ano 2013 aínda se descoñece a cuantía da achega provincial.

Na mesma liña expresouse o secretario do Siroco Team, Moncho Padín, ó comentar que “a día de hoxe aínda non cobrarmos a achega da Deputación correspondente ó rallie do 2012, e o Concello de Narón e Odeón son os que fan posible, xunto cos pequenos patrocinadores, que esta proba poida celebrarse”.

O Alcalde de Narón destacou o revulsivo que supón un deporte destas características para o municipio, posto que atrae a centenares de persoas non só de Narón senón do resto da bisbarra e mesmo doutros lugares da provincia, coa repercusión que trae consigo na hostelería e no comercio. Tamén felicitou ó Siroco Team “porque xa é unha institución, posto que non é doado que un club poida manter a súa actividade durante 26 anos de xeito ininterrumpido, e cada vez con menos orzamento e máis ganas”, declarou José Manuel Blanco.

Finalmente, o rexedor naronés expresou a intención do Concello de Narón de continuar fomentando e apoiando os dous grandes pilares deste municipio: a Cultura e o Deporte.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal