Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS ANIMA Á CIDADANÍA A DEPOSITAR O ACEITE DOMÉSTICO NOS CONTENEDORES CORRESPONDENTES, PARA O CORRECTO TRATAMENTO DESTE RESÍDUO
No que vai de ano 2013 lévanse recollidos 4.290 litros.
Narón, 4 de Xuño de 2013.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, quere concienciar á poboación sobre a necesidade de reciclar o aceite de cocina usado “posto que a práctica de tiralo polo vertedoiro das cociñas domésticas é altamente contaminante” segundo comentou o concelleiro. Como se lembrará, o Concello de Narón dispón dun total de seis puntos de recollida de aceite doméstico, situados nos seguintes lugares: -Praza de Santa Cecilia -Praza de A Gándara -Estrada de Castela, 50-52 -Rúa 25 de Xullo -Estrada de Castela, 564 (Piñeiros) -Xuvia (Praza do antigo Concello) No que vai de ano 2013, o Concello de Narón leva recollidos un total de 4.290 litros de aceite doméstico. En anos pasados, téñense recollido as seguintes cantidades: Ano 2012 7.440 litros Ano 2011 6.600 litros Ano 2010 4.200 litros A Concellería de Servizos de Narón quere incrementar estas cifras de recollida de aceite de cociña, polo que “estamos a estudar diferentes propostas para aumentar o número de contenedores de reciclaxe deste líquido, para instalalos noutros puntos de Narón”, sinalou Pablo Mauriz.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal