Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
XUVIÑO 2013 CONTARÁ CON 15 STANDS NOS QUE SE OFRECERÁN ATA 70 MARCAS DE VIÑOS DE DIFERENTES DENOMINACIÓNS DE ORIXE
XUVIÑO 2013 CONTARÁ CON 15 STANDS NOS QUE SE OFRECERÁN ATA 70 MARCAS DE VIÑOS DE DIFERENTES DENOMINACIÓNS DE ORIXE
Se celebra os días 14, 15 e 16 de xuño no Paseo Marítimo de Xuvia. Haberá degustacións gratuitas de produtos típicos coma o Pemento do Couto ou a empanada de Neda.
Narón, 11 de Xuño de 2013.- A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mª del Mar Gómez, e a Concelleira de Turismo de Neda, Montserrat Rico, presentaron hoxe en rolda de prensa a 4ª edición do Encontro de Viños Narón-Neda ‘Xuviño 2013’. Este evento se celebrará os días 14, 15 e 16 de xuño a ambos lados do paseo marítimo de Xuvia.

Nesta nova edición de Xuviño, está confirmada a presenza de 70 bodegas, que se repartirán en 15 stands e ofrecerán viños das seguintes denominacións de orixe: Ribeiro, Alvariño, Ribera del Duero, Rioja, Mencía, Ribera Sacra e Cigales –esta última acaba de ser recoñecida-. Tamén servirase Manzanilla.

Ó igual que o ano pasado, o prezo dos tickets será de 1,50€ e poderán comprarse individualmente ou en talonario. Os caldos máis comúns costarán un ticket, e os reservas dous. Ademáis, haberá degustacións gratuitas de produtos de Narón (pemento do Couto) e Neda (empanada de Neda), e doutros pratos coma a paella ou o lacón asado.

A Concelleira de Feiras e Mercados de Narón comentou que Xuviño “é un encontro para comunicarnos os veciños de Narón, Neda e resto da comarca, e queremos superar a cifra de 20.000 visitantes que rexistramos o ano pasado” indicou Mª del Mar Gómez.

Pola súa banda, a Concelleira de Turismo de Neda explicou que ambos municipios queren “consolidar xa este evento no calendario de feiras da comarca, e que sirve tamén para promocionar o turismo e respaldar ó sector hosteleiro nestes momentos de tanta dificultade económica” declarou Montserrat Rico.

O orzamento para a celebración desta Feira de Viños é de 11.000 €, aportados a partes iguais entre ambos municipios. Esta cifra é inferior á do ano pasado, posto que o orzamento do 2012 estivo en 15.000€.

Aínda así, mantéñense as degustacións gratuitas e un calendario de actividades complementarias, coma actuacións musicais en ambos lados do paseo (Narón e Neda), unha exposición de autos clásicos, postos de artesanía e de gastronomía, e atraccións infantís.

Programa de Xuviño 2013


Venres 14 de xuño:

19:00 horas: inauguración da feira a cargo dos Alcaldes de Narón e de Neda.
*Degustación de liscos de balde.

Sábado 15 de xuño:

Horario de mañá de 12:30 a 15:30 horas
*Ás 13:00 horas degustación de balde de paella.

Horario de tarde a partir das 15:30 horas
*Degustación de balde de lacón asado e pementos do Couto.

Domingo 16 de xuño

Horario de mañá de 12:30 a 15:30 horas
*A partir das 13:00 horas degustación de balde de empanadas de Neda e churrasco.

Horario de tarde a partir das 17:30 horas
*Degustación de balde de churrascos e liscos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal