Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA GASTRONÓMICO 'HORTA DE NARÓN'
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA GASTRONÓMICO 'HORTA DE NARÓN'
Durante o mes de xullo haberá degustacións gratuitas de tapas elaboradas con Pementos do Couto e Tomates Negros de Santiago, en locais de hostelería adheridos ó programa.
Narón, 13 de Xuño de 2013.- O Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, e o Presidente da Cooperativa de O Val, José Benito, presentaron hoxe en rolda de prensa a iniciativa “Horta de Narón”. Trátase dunha proposta incluída no programa “Narón Gastronómico” que principiou en febreiro coa exitosa experiencia do “Entroido 2013”, e agora dáselle continuidade coa posta en valor dos produtos gastronómicos locais, concretamente o Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, e contará coas seguintes actividades:

Ruta Gastronómica Horta de Narón.
Consistirá nunhas xornadas de degustación de pinchos que terán como ingredientes, como mínimo, algún destes dous produtos e que se celebrarán do 11 ao 14 e do 18 ao 21 de xullo nos establecementos de hostalería de Narón adheridos a este programa.

Nelas poderán participar todos os negocios do sector radicados no municipio, previa inscrición no teléfono 981 337 700 (Ext.1204) e no correo electrónico narongastronomico@naron.es . O prazo de inscrición remata o mércores 26 de xuño.

Os establecementos participarán con unha ou varias tapas, que se servirá nas datas antes sinaladas de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 as 22:00 horas. Os negocios que o desexen poderán alongar os horarios e ofrecer as tapas durante máis tempo.

As tapas serán gratuítas, de libre creación e estarán elaboradas con produtos de calidade, tendo que incluír necesariamente o Pemento do Couto ou o Tomate negro de Santiago, ou ambos á vez, tratando de exaltar o sabor e propiedades destas dúas hortalizas.

As persoas que se acheguen aos establecementos inscritos nas xornadas poderán participar nun sorteo de 20 cestas con produtos da horta, se consumen a tapa típica das xornadas e depositan o cupón cos seus datos na urna correspondente. Todos os hostaleiros que participen no Concurso disporán dunha urna e tarxetas para que os seus clientes poidan participar no sorteo.

A organización achegará aos establecementos participantes con suficiente antelación os carteis promocionais do concurso, os trípticos informativos, as urnas e os cupóns para colocar nos seus negocios á vista do público durante as datas que duren as Xornadas.

A organización promocionará e publicitará as I Xornadas de Exaltación da Horta de Narón nos principais medios de comunicación locais, na web do Concello e o Facebook de Narón Gastronómico.

Encontro de Bloggers
Para dar o pistoletazo de saída a esta actividade e acadar a máxima difusión nos medios especializados do contorno dixital, o sábado 6 de xullo celebrarase un encontro de bloggers gastronómicos. Os considerados mellores prescritores do sector culinario, coñecerán de primeira man todo o proceso de produción do Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago, desde a forma de cultivo ata o proceso de envasado, distribución e comercialización, sen esquecer a degustación final das hortalizas, todo da man da Cooperativa do Val.

Presentación en Santiago de Compostela (Restaurante Casa Marcelo)
Para proxectar e dar a coñecer os produtos da terra fóra da comarca, farase unha presentación e degustación do Pemento do Couto e o Tomate Negro nun dos restaurantes máis emblemáticos de Galicia, “Casa Marcelo”, en Santiago de Compostela, cunha Estrella Michelín. Membro da prestixiosa asociación culinaria galega Grupo Nove, o chef Marcelo Tejedor é un dos cociñeiros con máis proxección internacional e mellor posicionado no sector a nivel global. Con motivo da iniciativa “Horta de Narón”, Marcelo Tejedor elaborará creacións exclusivas a base destas dúas hortalizas do campo naronés.

Festa do Pemento
“Horta de Narón” rematará o domingo 21 de xullo coa tradicional Festa do Pemento, na que se dan cita, produtores, comercializadores, establecementos de hostalería e público en xeral para exaltar, poñer en valor e gozar desta deliciosa hortaliza.

O Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago
O Pemento do Couto e o Tomate Negro de Santiago son dous produtos locais de gran calidade que actualmente cultiva e comercializa a Cooperativa do Val, na súa aposta pola recuperación e posta en valor de variedades autóctonas.

A Cooperativa produce desde hai anos o Pemento do Couto, unha hortaliza xa consolidada na mercado, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida e que se caracteriza polo seu excelente sabor e propiedades, entre elas, a súa docura e que non pica.

Continuando polo camiño da recuperación e revalorización das hortalizas locais, desde o ano pasado a Cooperativa do Val produce o Tomate Negro de Santiago, un tomate cun alto grao de azúcares e acidez e excelente sabor que se está introducindo pouco a pouco con moito éxito.

Con estes dous produtos, a cooperativa do Val quere hegar ao consumidor que busca produto galego de calidade, cansado das variedades foráneas.

Máis información.: Tel.: 981 364 064



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal