Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN MUNICIPAL RESPALDA DE XEITO UNÁNIME ÓS TRABALLADORES DE MEGASA
A empresa siderúrxica reclama unha modificación da Orde que regula os grandes consumos eléctricos, dado que está a perxudicarlle e podería conlevar o seu peche.
Narón, 25 de Xuño de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os voceiros dos grupos políticos municipais (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-Miguel de Santiago –PP-, Catalina García –PSOE-, Pablo Villamar –BNG- e María Rodríguez Porto –Converxencia Galega-) recibiron hoxe ó comité de empresa de Megasa, logo de que a súa prantilla levase a cabo unha manifestación dende a fábrica de Xuvia ata o Concello, na que participaron máis de 1.000 persoas. Os traballadores reclaman unha solución á problemática que está a sufrir a empresa, e que podería abocala ó peche no caso de non atopar unha solución a corto prazo. Como resultado desta reunión, os voceiros municipais adoptaron os seguintes acordos: 1º Valorar positivamente a participación da cidadanía nesta manifestación, así coma o civismo dos seus manifestantes. 2º Consensuar unha declaración institucional de apoio a Megasa, aprobada de xeito unánime por tódolos grupos políticos municipais (TEGA, PP, PSOE, BNG e Converxencia Galega) e que se elevara a Pleno Ordinario o vindeiro xoves 27 de xuño. Neste acordo se amosa o apoio ós traballadores así coma á dirección da empresa, na defensa da continuidade de Megasa. Tamén se solicita ás administracións implicadas que se alcance unha solución normativa satisfactoria, que poña fin á quebra das condicións de igualdade que teñen presidido a actuación das empresas do sector siderúrxico, con anterioridade á aprobación da Orde Ministerial anteriormente citada. Asimesmo, se reitera a solicitude de entrevista co Presidente da Xunta de Galicia, aínda sen resposta. 3º Facer pública a preocupación de tódolos traballadores debido á falta de resposta por parte do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, á petición dunha entrevista por parte dos traballadores de Megasa para trasladarlle a situación pola que está a atravesar a empresa. 4º Instar á Xunta de Galicia a atender de maneira urxente esta solicitude, posto que o prazo para resolver a difícil situación da siderúrxica naronesa –perxudicada a causa da Orde Ministerial que bonifica o consumo eléctrico ás grandes empresas, en detrimento doutras menores- esgótase a finais de agosto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal