Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E AS ANPAS PIDEN Á XUNTA QUE SE FAGA CARGO DO SERVIZO DE ALMORZOS ESCOLARES
O CONCELLO E AS ANPAS PIDEN Á XUNTA QUE SE FAGA CARGO DO SERVIZO DE ALMORZOS ESCOLARES
A administración autonómica tan só se compromete a atender os xantares, nos catro colexios que o veñen prestando: CEIP A Solaina, CEIP A Gándara, CEIP Virxe do Mar e CPI O Feal.
Narón, 3 de Xullo de 2013.- O Concello de Narón e as ANPAS dos colexios con servizo de comedor (A Gándara, A Solaina, Virxe do Mar e O Feal) veñen de solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a ampliación de prazas nos comedores escolares para xantares e a incorporación dos almorzos ó servizo de comedores de cara ó vindeiro curso 2013/2014.

Estas demandas foron formuladas nun escrito asinado polas ANPAS e polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, que foi enviado hoxe ó Secretario Xeral de Educación da Xunta de Galicia, Jesús Oitavén Barcala.

Na carta solicítase unha entrevista urxente co citado representante da Xunta de Galicia, para tratar o grave problema de configuración do servizo de comedores, derivado da inexactitude dos datos que manexa a Consellería de Educación respecto ó número de prazas de comedores. Estas cifras na práctica son superiores ás que contempla a Xunta (que só ten en conta o número de becas escolares, e non a totalidade do alumnado que fai uso do servizo).

-Prazas máximas autorizadas para os colexios de Narón con comedor escolar (segundo se recolle na instrución 2/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, de data 14 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta):
CEIP A Gándara: 57
CEIP A Solaina: 34
CEIP Virxe do Mar: 26
CPI O Feal: 43

-Media de comensais no primeiro semestre do ano 2013 (curso 2012/2013), extraída dos listados de asistencia mensual ó comedor:
CEIP A Gándara: 77
CEIP A Solaina: 40
CEIP Virxe do Mar: 29
CPI O Feal: 50

A realidade destes datos arroxa que o número medio de comensais dos comedores escolares de Narón durante o pasado curso escolar foi de 196 comensais, fronte ós 161 que presupón a Consellería de Educación e que serían as cifras que tería en conta inicialmente á hora de sacar a concurso a xestión do servizo.

Por todo elo, na reunión solicitada con Xesús Oitavén solicitarase a modificación nos pregos de licitación do servizo de comedores escolares, para incluir o número de prazas medio de referencia no actual curso académico para dar cabida ás familias usuarias reais. Pero ademáis, reclamarase tamén que se inclúa o servizo de almorzos, para facer efectivas as posibilidades de conciliación laboral e familiar.

Tanto nos anos que xestionou o servizo a Federación de ANPAS, como nos tres derradeiros cursos académicos que o xestionou o Concello de Narón, o servizo de comedor escolar prestouse para xantares e almorzos. De feito, durante o curso pasado, servíronse un total de 6.347 almorzos repartidos nos catro colexios con servizo de comedor.

Como se recordará, a Consellería de Educación decidíu facerse cargo do servizo de comedores de cara ó curso 2013/2014 pero reducindo este servizo ó eliminar os almorzos e minorar o número de prazas de xantares por debaixo das súas necesidades reais, o que provocará segundo o Concello unha discriminación irrazonable dalgunhas familias.

Con anterioridade, o Concello de Narón enviou á Consellería de Educación un escrito (con data 09-05-2013) solicitando o estudio da incorporación dos almorzos, pola súa relevancia, tal e como se aprobou no pleno ordinario do 30 de maio de 2013. Posteriormente, o 26 de xuño de 2013 enviouse outro escrito con datos obxectivos da media de usuarios dos comedores (os que figuran nas táboas desta nota) para que se revisasen e ampliasen as prazas de xantares.

Agora agárdase que a Consellería de Educación reciba ó Concello de Narón e ós representantes da comunidade educativa dos colexios públicos con servizo de comedor, e que teña en conta estas demandas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal