Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ENTREGA 26 DIPLOMAS A ALUMNAS DOS CURSOS DE EDUCACIÓN, XESTIÓN PERSOAL E CONFECCIÓN
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ENTREGA 26 DIPLOMAS A ALUMNAS DOS CURSOS DE EDUCACIÓN, XESTIÓN PERSOAL E CONFECCIÓN
Foron realizados entre novembro de 2012 e xuño de 2013, en instalacións municipais.
Narón, 5 de Xullo de 2013.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, entregou hoxe os diplomas ás alumnas que finalizaron con éxito tres cursos promovidos por esta delegación, e que se desenvolveron entre novembro de 2012 e xuño de 2013. A edil escusou a ausencia do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen non puido asistir por atoparse en Madrid asinando no Ministerio do Interior a compra da Casa Cuartel da Garda Civil de Xuvia.

En total foron entregados 26 títulos, correspondentes a tres cursos:

-Obradoiro encamiñado a acadar a igualdade por medio da educación (orientado a acadar destrezas básicas en lectoescritura e o graduado en Educación Secundaria). 14 diplomas. Curso desenvolvido na Casa da Mocidade de A Gándara.

-Obradoiro de organización e xestión persoal (nocións básicas de educación en igualdade, educación para a saúde, educación afectivo-sexual, alfabetización, educación cívica, e visitas guiadas por Narón). 8 diplomas. As alumnas foron divididas en dous grupos, impartíndose o curso simultaneamente na Casa da Mocidade e no CRA de San Mateo.

-Obradoiro de destrezas básicas de confección (deseño e patronaxe, técnicas de costura a man e a máquina, técnicas de planchado e acabados, e técnicas de confección de señora e neno/a). 4 diplomas. Desenvolvido no Centro Municipal de Formación de A Gándara.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal