Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A DIRECTORA DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN SERÁ A PREGOEIRA DA XV FESTA DO PEMENTO DO COUTO
A DIRECTORA DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN SERÁ A PREGOEIRA DA XV FESTA DO PEMENTO DO COUTO
Terá lugar o domingo 21 de xullo, e ademáis do tradicional xantar tamén terá lugar o nomeamento dos novos membros da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.
Narón, 12 de Xullo de 2013.- O Alcalde de Narón,(José Manuel Blanco), a Concelleira de Festas ( Mª del Mar Gómez), o presidente da AVV de O Couto (Anselmo Beceiro), o presidente da Cooperativa de O Val (Benito Castro) e o representante da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto (Tomás Casal) presentaron hoxe en rolda de prensa a 15ª Festa Gastronómica do Pemento do Couto, que se desenvolverá baixo carpa na explanada do Local Social Municipal de O Couto, o domingo 21 de xullo.

O programa de actos é o seguinte:

10:00 horas: Mercadiño e Mostra de produtos do campo.

13:00 horas: Pregón a cargo de Flor Maceiras, directora da Escola de Teatro e da Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón.

13:30 horas: Xuramento das novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto. Nomearanse tres novos membros:

-Por parte da Asociación de Veciños de O Couto: ó presidente da Cooperativa de O Val, Benito Castro.

-Por parte da Cooperativa de O Val: á Concelleira de Educación e Bibliotecas de Narón, Mª del Carmen Espada.

-E por parte do Concello: á parella de baile formada por Sandra García e Román Romero, profesores da Escola de Baile de Narón.

14:00 horas: Xantar (menú: churrasco con Pementos do Couto, pan, auga, viño e café ó tizón). Os tickets están xa á venta, ó prezo de 12 euros, nos seguintes lugares: 3ª pranta do Concello (de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas), Local Social Municipal de O Couto (de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas), Cooperativa de O Val (no horario de apertura habitual) e Mesón A Trasanquesa (Sedes).

16:30 horas: Concurso da cesta de pementos mellor presentada.

18:00 horas: Baile amenizado por un grupo musical.

A organización da Festa gastronómica do Pemento do Couto corre a cargo da Asociación de Veciños de O Couto e o Concello de Narón, en colaboración coa Cooperativa do Campo de O Val. Este traballo conxunto foi destacado hoxe polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, como exemplo de que “unindo esforzos conséguense mellores resultados”.

A Festa do Pemento do Couto forma parte do programa de promoción deste produto, xunto con outras iniciativas coma as seguintes:

-Programa Horta de Narón (www.naron.es)

-Xornadas Técnicas sobre o Pemento do Couto (a 4ª edición destas xornadas tense desenvolvido a mediados de xuño)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal