Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PON EN SERVIZO UN NOVO VIAL NO POLÍGONO DE AS LAGOAS
O CONCELLO PON EN SERVIZO UN NOVO VIAL NO POLÍGONO DE AS LAGOAS
A rúa D mellora a circulación na zona norte do parque empresarial.
Narón, 17 de Xullo de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Obras Públicas, Angel Castro, percorreron hoxe o novo vial que mellora a circulación da zona norte do polígono de As Lagoas.

Trátase da rúa “D”, situada fronte á gasolineira do Polígono de As Lagoas, e urbanizada dentro do programa REINDUS do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. O proxecto, financiado con cargo a este plan, foi adxudicado por 167.920 € á empresa OVIGA (Obras e Viais de Galicia), iniciándose os traballos en xaneiro de 2013 e rematando recentemente.

As obras consistiron na apertura e urbanización dun dos viais principais trazados polo PXOM e que faltaban por urbanizar no polígono, de 160 metros de lonxitude e 16 metros de ancho. A rúa é transversal e permite interconectar as empresas da marxe dereita do polígono (en dirección a Narón), dando así servizo á zona norte do parque empresarial.

Cabe lembrar que este foi un compromiso adquirido polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, cos empresarios de As Lagoas cando se iniciou o proxecto de Mellora da Seguridade Viaria da estrada AC-566. “Coa apertura desta rúa péchase a obra de urbanización de As Lagoas, e resólvese o problema de tráfico que tiña a zona norte deste polígono” sinalou o rexedor, en referencia ás dificultades que tiñan os camións e outros vehículos á hora de incorporarse á circulación neste lugar.

Ademáis, o Alcalde de Narón destacou a celeridade na obra, froito do acordo entre os propietarios e os encargados de executar o proxecto. “Adelantáronse os prazos previstos, porque non houbo que recurrir ás expropiacións xa que os terreos foron adquiridos de mútuo acordo” lembrou José Manuel Blanco.

Situado a ambos marxes da Estrada de Cedeira, o Polígono de As Lagoas foi creado de forma espontánea e individual polos propios empresarios ó longo dos anos setenta, sen ter unha infraestrutura clara e definida. A principios do século XIX planifícase e inclúese dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Narón, cunha disposición clara e consecuente, realizándose dende
entón sucesivas actuacións de urbanización, completando a trama urbana do mesmo.

O Polígono de As Lagoas ten unha superficie aproximada de 700.000 m2 nos que se asentan aproximadamente 80 empresas, cuxo eixe central é a estrada AC-566 (que discurre lonxitudinalmente polo eixe do polígono) e transversalmente o vial obxecto da actuación. Este parque tamén dispón dunha conexión terrestre co Polígono de Río do Pozo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal