Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE RECIBE ÓS PARTICIPANTES NO 23º FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL DE NARÓN
O ALCALDE RECIBE ÓS PARTICIPANTES NO 23º FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL DE NARÓN
Celébrase o sábado 20 de xullo, ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura. A entrada é gratuita.
Narón, 19 de Xullo de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ós grupos participantes no 23º Festival Folclórico Internacional que se celebra o sábado 20 de xullo ás 21:00 horas no Pazo da Cultura de Narón. Neste acto tamén participaron representantes dos grupos políticos municipais. A entrada para asistir a este espectáculo é gratuita, pero é imprescindible retirar as invitacións nas billeteiras do Pazo.

Acudiron a esta recepción unha parella de cada un dos grupos participantes:

-Conxunto Folclórico de Boezeroenen (Bélxica).
-Grupo de Danza e Canción Tisiskari (Xeorxia).
-Grupo Folclórico Podillya (Ucrania).
-Grupo de Danza Tradicional “Alxibeira” de Narón.
-Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón.

A Agrupación Cultural “Semillas del Arte” de Puebla de Montalbán (Toledo) non puido asistir xa que nestes momentos está viaxando cara a Narón.

O Alcalde, José Manuel Blanco, deulles a benvida a tódolos participantes e desexoulles “que disfrutedes da vosa estancia e do Festival Folclórico Internacional”. O rexedor explicou que este evento cultural, que cumpre xa a súa 23ª edición, “ten a finalidade de realizar un intercambio cultural entre países, de forma que outros coñezan o que se fai en Narón e que tamén nos coñezamos outras culturas” sinalou José Manuel Blanco.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal