Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DA 15ª EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO DE SEDES
PRESENTACIÓN DA 15ª EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO DE SEDES
Esta recreación da vida nunha aldea celta celébrase os días 26, 27 e 28 de xullo na explanada da Feira do Trece.
Narón, 22 de Xullo de 2013.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, acompañado polas delegadas das concellerías que participan neste evento (Turismo –María Rodríguez Porto-, Participación Cidadá –Catalina García- e Festas e Ocio –Mª del Mar Gómez-) presentaron hoxe o Oenach Atlántico 2013, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de xullo na parroquia de Sedes.

O responsable de Cultura destacou o papel do Grupo de Traballo de Sedes - auténticos artífices desta recreación do mundo celta- cuxos membros non puideron estar hoxe presentes na rolda de prensa.

O Oenach é un lugar de encontro da comunidade territorial, onde se fai unha recreación da vida dos antigos celtas a través da súa gastronomía, artesanía, merdadiño, un museo castrexo, música, xogos rurais e carreiras populares, recreacións parateatrais, etc… Tódalas actividades realízanse na Campa da Feira do Trece (Sedes).

Máis de dous centenares de veciños/as preparan durante seis meses os obradoiros, a campa castrexa, e as recreacións teatrais e simulacións vivas da vida na aldea castrexa, convertindo este evento nun exercizo de didáctica do patrimonio rural, cun interese turístico contrastado.

O Oenach Atlántico acada este ano a súa 15ª edición e tal e como indicou o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, este evento non sería posible sen o esforzo que fai cada ano o Grupo de Traballo de Sedes para que todo funcione á perfección, a pesares de ter reducido o seu orzamento respecto a edicións anteriores a causa do difícil momento económico que estase a vivir.

Dado que se trata dun evento único en Galicia, dende o Concello de Narón estase a traballar para que o Oenach Atlántico obteña o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego, tal e como comentou a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto.

Tanto a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, coma a Concelleira de Festas e Ocio, Mar Gómez, fixeron un chamamento á participación cidadá nesta festa, que é un excelente escaparate para dar a coñecer as raíces culturais de Narón.

PROGRAMA DO OENACH ATLÁNTICO 2013

Venres 26 de xullo:

22:30 horas: Recreación do renacemento do lume no novo solsticio, na aldea castreña.

22:45 horas: Noite de música galiciana, con instrumentos e cantigas tradicionais.

Sábado 27 de xullo:

11:00 horas: Apertura da Campa da Feira, con:
-Feira de Artesanía (con máis dunha ducia de constructores de instrumentos tradicionais musicais, xunto con outros artesáns galicianos).
-Mercadiño Aberto (con todo tipo de produtos de interese doméstico e artesán, expostos en máis de 40 postos de mostra e venta).
-Espazo lúdico (con inchables, camas elásticas, lanchiñas e xogos para nenos/as).
-Obradoiro Gastronómico (cociña en vivo de porco celta, polo de Mos, coello do monte ó espeto, e braseiro de xurelo lañado).
-Rueiro das Tres Cuncas e dos Tres Quitafames (con viños cosecheiros albariños, mencías e ribeiros, e xantares a prezos populares).

13:00 horas: Parada de Etnografía Musical na campa castrexa, co grupo “Alxibeira” do Padroado de Cultura de Narón. Mostra de traxes e danzas tradicionais.

17:00 horas: Obradoiro aberto de xogos populares.

22:30 horas: Noite do Castro (recreación teatral no Castro de Eiravedra, a cargo da Grande Compañía de Teatro Comunitario Aldeano de Sedes) e Entrega da Alfaia Castrexa a unha persoa senlleira da Terra de Trasancos.

Domingo 28 de xullo:

11:00 horas: Recreación museística viva da Aldea Castrexa, con pallozas temáticas sobre canteiría, cestería, cerámica, tecido de alto lizo, coiro, ferreiría…
Feira de Artesanía, mercadiño aberto, espazo lúdico, e rueiro gastronómico.

12:00 horas: Mostra de Cans de Palleiro, con exhibición de exemplares e adestramento.

13:00 horas: Recreación teatral na Campa da aldea castrexa.

13:30 horas: Parada da Banda Municipal de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón.

17:00 horas: Obradoiro aberto de xogos populares e rurais.

19:30 horas: Carreira popular do Castro de Eiravedra, aberta a tódalas idades (inscricións ata 30 minutos antes da carreira).

20:00 horas: Clausura do Oenach Atlántico 2013.


Este evento realízase nunha parcela municipal de 30.000 metros cadrados de superficie, con pavillóns cubertos con 2.000 m2. Haberá servizos e aseos permanentes, e tamén servizos portátiles. Tamén se habilitarán 500 prazas de aparcadoiro, e haberá transporte público de autobuses de Ferrol a Sedes.


Descarga de archivos
Programa do Oenach Atlántico 2013Tamaño: 5,99 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal