Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE 44 ALUMN@S PARTICIPAN NOS CURSOS DE FORMACIÓN AFD NO CENTRO MUNICIPAL DE A GÁNDARA
Estanse a impartir cursos de atención sociosanitaria e montaxe de mobles e elementos de carpintería.
Narón, 23 de Xullo de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitaron hoxe o Centro Municipal de Formación de A Gándara onde estanse a impartir os tres cursos do Programa AFD (Accións Formativas para Desempregados) cofinanciados pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Os tres cursos concedidos ó Concello de Narón para este ano 2013 son os seguintes: -Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (Do 01/07/2013 ó 21/11/2013). Curso de 618 horas de duración. Con 15 alumnas. Horario: de 8:00 a 14:15 horas. -Montaxe de mobles e elementos de carpintería (Do 03/07/2013 ó 13/11/2013). Curso de 538 horas de duración. Con 14 alumnos. Horario: de 8:00 a 14:00 horas. -Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Do 08/07/2013 ó 12/11/2013). Curso de 468 horas de duración. Con 13 alumnas e 2 alumnos. Horario: de 15:30 a 21:00 horas. Estos tres cursos dispoñen dun módulo de prácticas profesionais en empresa, e todo o alumnado que resulte apto disporá do Certificado de Profesionalidade, que lle acredita as competencias laborais adquiridas ante o mercado laboral.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal