Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
EXITO DA RUTA GASTRONÓMICA 'HORTA DE NARÓN' NA QUE SE PROMOCIONOU O PEMENTO DO COUTO E O TOMATE NEGRO DE SANTIAGO
EXITO DA RUTA GASTRONÓMICA 'HORTA DE NARÓN' NA QUE SE PROMOCIONOU O PEMENTO DO COUTO E O TOMATE NEGRO DE SANTIAGO
Participaron perto de 40 establecementos de hostelería de Narón.
Narón, 24 de Xullo de 2013.- O Concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, e o presidente da Cooperativa do Val, Benito Castro, levaron a cabo hoxe no Concello o sorteo de 20 cestas confeccionadas con Pemento do Couto e Tomate Negro de Santiago entre as persoas que participaron na Ruta Gastronómica “Horta de Narón” e que depositaron as tarxetas cos seus datos nas urnas dos negocios adheridos á iniciativa, preto de corenta.

Pablo Villamar calificou de “moi satisfactorio” o resultado da Ruta Gastronómica Horta de Narón 2013 desenvolvida do 11 ao 14 e do 18 ao 21 de xullo, tras analizar os datos da enquisa de satisfacción feita ó remate da actividade entre todos os participantes.

O responsable de Promoción Económica de Narón agradeceu “a colaboración e a xenerosidade dos hostaleiros nesta acción levada a cabo polo Concello, tanto pola alta participación, como polo grande esforzo feito ó elaborar unha gran variedade de pratos con Pemento do Couto e Tomate Negro de Santiago sen custo ningún para os clientes”.

Nesta nova edición do Narón Gastronómico (a anterior foi co Entroido 2013) tamén destacaron outras accións que lle deron moita proxección ó Pemento do Couto e ó Tomate Negro de Santiago: o Encontro de Bloggers celebrado o 6 de xullo e o Showcooking en Casa Marcelo, que tivo lugar o día 18 e que congregou no célebre restaurante compostelán a decenas de periodistas que difundiron as excelencias da Horta de Narón nos seus respectivos medios.

Na Ruta Gastronómica Horta de Narón participaron os seguintes establecementos: Café-Bar Marinito (o Val), Café-Bar Vidal +3 (Sta. Icía), Café-Bar España (Sta. Icía), Café-Bar La Comarca (O Ponto), Cafería Xanela (Sta. Icía), Cervecería Australian (A Gándara), Cervecería O Druida (A Gándara), Cervecería La Plaza (O Alto), Cervecería O Paseo (Xubia), Estrela de Castela (O Alto), Excelsior (Xubia), Club de Xubilados a Solaina, (Sta. Icía) La Barra de Oro (O Ponto), Mesón O Alecrín (Sta. Icía), Mesón O Fogar (Sta. Icía), Mesón O Pío, (Piñeiros) O Petisco (Freixeiro), O Pozo (Xubia), O Recanto (Freixeiro), Pizzería Plaza (Xubia), Restaurante A Ponte (O Val), Restaurante A Trasanquesa (Sedes), Restaurante Fortunato (Sta. Icía), Bar Ortegal (Sta. Icía), Romero I (San Mateo), Romero II (Virxe do Mar), Sidrería Astur (Castro), Taberna Chis (Sta. Icía), Vinatería Philadelphia (Piñeiros), Mesón O Cuco (O Val), Urbán (A Gándara), Restaurante O Pote (Freixeiro), Restaurante El Refugio (O Alto), Cervecería El Mercado (O Alto), A Roldana (Río do Pozo), Mesón O Perdidiño, e o Xatova (O Val).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal