Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA GALA BENÉFICA "TODOS CON ALBA, LA PROMESA" NA QUE PARTICIPARÁN RECOÑECIDOS ARTISTAS DA BISBARRA
Se celebrará o sábado 14 de setembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. O prezo das entradas é de 5 euros.
Narón, 5 de Setembro de 2013.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa a Gala Benéfica “Todos con Alba, la promesa” que terá lugar o sábado 14 de setembro ás 21:00 horas no Auditorio da Praza de Galicia. As entradas poderán adquirirse a partires do luns 9 de setembro, nas billeteiras do Pazo da Cultura, e no Kiosko de Enma (Ares) ó prezo de 5 euros. Ademáis haberá unha "fila cero" para que as persoas que desexen colaborar poidan facelo. O número de conta é o seguinte: 2100-4646-112100294240 (La Caixa). A recadación desta gala destinarase a financiar o tratamento de Alba, unha moza de 15 anos de idade que padece unha lesión cerebral dexenerativa. Non é a primeira vez que dende a comarca se leva a cabo unha acción solidaria dirixida a Alba, cuxa nai é orixinaria de Narón e o seu pai é veciño de Neda –aínda que residentes en Cartaxena por cuestións laborais- xa que con anterioridade realizouse unha recollida de tapóns de plástico co mesmo fin. O cartel da gala “Todos con Alba, la promesa” está composto por artistas da bisbarra que teñen destacado en programas de televisión, coma Enrique Ramil (Operación Triunfo –e promotor da gala-), Yhadira e Hugo (La Voz), Dani Ríos (Son de Estrelas) ou Loli Nogueira (Tú si que vales). A relación de artistas que actuarán é a seguinte: -Dani Ríos. Natural de Neda, saltou á fama por súa participación en Son de Estrelas (TVG). -Loli Nogueira. Referente no mundo do jazz, con varios traballos discográficos ás súas costas e numerosas aparicións en televisión, a destacar a de “Tu sí que vales” (Tele5). -Yhadira e Hugo. Esta parella de A Coruña coñeceuse na Canteira de Cantareiros de Luar (TVG) e teñen participado no programa “La Voz” (Tele5). -Rubén Grana. Cantautor ferrolán afincado en Madrid, onde colabora coa Big Band do conservatorio “Amaniel”. -Martín Varela. Mozo orixinario de Ferrol, leva dende os 9 anos facendo maxia e recentemente estreou “15 ilusións para unha noite”, un espectáculo de gran formato que o levou polos principais escenarios de Galicia e co que acadou unha notable proxección. -Enrique Ramil. Natural de Ares. Cantante, compositor e mestre de voz, saltou á fama pola súa participación en OT e actuamente compaxina a docencia coa dirección do coro Mandala Gospel, que tamén actuará na Gala Benéfica “Todos con Alba”. -Danzares. Grupo de rapazas de Ares que fan baile moderno. -+Alas. Dúo de danza de Ares.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal