Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALCALDES DAS TRES COMARCAS E O COMITÉ DE EMPRESA DE MEGASA RECLAMAN UNHA ENTREVISTA URXENTE CO PRESIDENTE DA XUNTA
Precisan reunirse con Alberto Núñez Feijoo antes de que o Goberno Central finalice a redacción da nova lei que regulará o sistema eléctrico.
Narón, 6 de Setembro de 2013.- Os Alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal asistiron hoxe a unha xuntanza no Concello de Narón, co comité de empresa da siderúrxica Megasa -afincada en Xuvia e que está a sufrir a competencia desleal doutras empresas do sector debido á nova normativa eléctrica de grandes consumidores-. Como resultado desta xuntanza, os alcaldes presentes (Narón, Ferrol, Cabanas, Cedeira, Fene, Ares, Neda, Mugardos, Valdoviño, San Saturnino, A Capela, As Pontes, Pontedeume, Cerdido e Monfero) e o presidente do Comité de Empresa de Megasa, Carlos Bascoy, asinaron un escrito no que se solicita ó presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que os reciba no prazo de tempo máis corto posible, xa que estase a tramitar unha nova Normativa de Interrumpibilidade do consumo eléctrico por parte das industrias, e que podería supor a salvación ou a desaparición de Megasa, segundo cómo se prantexen as bonificacións ó consumo eléctrico. Actualmente, o Ministerio de Industria está a redactar un Real Decreto que regulará o sistema eléctrico español, e o tempo apremia posto que esta xuntanza tense que producir antes de que esta norma reciba a aprobación definitiva. Os alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal coincidiron cos traballadores en reclamar un trato igualitario para Megasa, en relación ó resto de empresas do estado español. Ademáis, esta solución ten que tomarse antes do día 1 de novembro posto que é a data na que as eléctricas pechan as súas contas anuais, e polo tanto, é o prazo que ten marcado a dirección da empresa para adoptar unha decisión sobre o futuro da siderúrxica. Megasa produce actualmente 3.000 toneladas de acero diario, e xenera de xeito directo e indirecto máis de 1.200 postos de traballo. Ademáis dos alcaldes presentes, o comité de empresa de Megasa tamén conta co apoio do resto de concellos das bisbarras (Moeche, Somozas, Ortigueira, Cariño e Mañón) que non puideron asistir á xuntanza por cuestións de axenda.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal