Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ACTIVIDADES PREVISTAS NA BIBLIOTECA DURANTE ESTE MES DE SETEMBRO
Haberá dúas sesións de Contacontos para bebés e para nenos/as, ademáis dunha exposición sobre o medioambiente. Tamén se organizará unha xuntanza do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias.
Narón, 12 de Setembro de 2013.- A Concellería de Ensino e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de convocar a 5ª Xuntanza do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias (SOLF) que terá lugar mañá venres 13 de setembro, en dúas quendas: pola mañá de 11:00 a 12:00 e pola tarde de 19:00 a 20:00 horas. Os interesados poderán elexir entre estas dúas opcións. Esta actividade diríxese ás familias con nenos/as de entre 0 e 12 anos de idade, e consistirá na presentación das novidades literarias infantís máis destacables do último trimestre do 2013. Tamén se compartirán experiencias de lectura, e se presentarán as actividades programadas dende a Biblioteca Municipal do Alto para estes derradeiros meses do ano. A xuntanza do SOLF se celebrará na Biblioteca con entrada libre. Os interesados tan só deberán chamar por teléfono ó número 981 38 21 73 para confirmar asistencia e indicar a cal das dúas sesión se acode. Outras actividades previstas na Biblioteca Municipal neste mes de setembro son as seguintes: -Sábado 21 de setembro (de 11:00 a 11:30 horas): Contacontos para bebés de 0 a 18 meses. Para asistir é imprescindible reservar praza –a partires do luns 16 ás 16:00 horas, de xeito presencial ou telefónico-. Hai un límite de 15 prazas para bebés acompañados dun único adulto/a pola complexidade da actividade. -Sábado 28 de setembro (de 11:00 a 12:00 horas): Contacontos “Antía, Wamba e o regato pequeno” a cargo da compañía “A tropa de trapo”. Contos con música para público familiar, pero especialmente dirixido a nenos/as entre 8 e 10 anos. Imprescindible reservar praza a partir do luns 23 ás 16:00 horas. Por outro lado, a Biblioteca Municipal acollerá do 16 ó 28 de setembro a exposición “Coidando o noso mar” cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A mostra poderá visitarse no horario habitual da biblioteca, e se instalará na pranta baixa. Consta de 5 paneis nos que se poden contemplar o valor natural e a fraxilidade dos ecosistemas mariños, tendo en conta a incidencia das actividades humanas e os resíduos que estas xeran. A través destos paneis, descúbrense as problemáticas causadas polos patróns de consumo cotiá e que afectan ao litoral, co obxectivo de que a poboación incremente o nivel de respecto e estima cara a él.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal