Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
NARÓN CELEBRARÁ UNHA NOVA EDICIÓN DO 'DÍA DA BICICLETA' O VINDEIRO DOMINGO 29 DE SETEMBRO
NARÓN CELEBRARÁ UNHA NOVA EDICIÓN DO 'DÍA DA BICICLETA' O VINDEIRO DOMINGO 29 DE SETEMBRO
O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá nesa xornada numerosas actividades, de caracter gratuito.
Narón, 18 de setembro de 2013.- O Concello de Narón, en colaboración con La Voz de Galicia e Radiovoz, organizarán o vindeiro domingo 29 de setembro unha nova edición do 'Día da Bicicleta'. Os interesados en participar deberán presentarse no Paseo Marítimo de Xuvia ás 10:30 horas. É imprescindible o uso de casco para realizar a marcha en bicicleta.

A saída está prevista para as 11:30 horas, co seguinte percorrido: Paseo Marítimo de Xuvia, Rúa Marcial Calvo, Estrada de Castela (ata a rotonda da Ponte das Cabras), Estrada da Trincheira (ata a rotonda da Estrada da Gándara), Rúa Concepción Arenal (ata a rotonda de Juanito), Avenida de Castelao (ata a rotonda xirando á esquerda ata a Avenida do Mar), FE-11 dirección rotonda da Ponte das Cabras, Estrada de Castela (ata a Rúa Irmandade, en Xuvia) e Paseo Marítimo de Xuvia.

As inscricións poden realizarse nos seguintes lugares: na delegación de La Voz de Galicia en Ferrol, no Concello de Narón, no Pavillón Municipal de A Gándara, en Bicimarket Narón (fronte a Alcampo Ferrol) e no lugar da concentración antes da saída.

Haberá un servizo de catering, e mesas e cadeiras para xantar e descansar. Xa pola tarde, se organizará un completo programa de actividades:

-Inchables.
-Circuito de bicicletas "Bicimarket Narón".
-Circuito de habilidade.
-Demostración de extinción de incendios a cargo de "Emerxencias Narón".
-Maratón de Spining (ás 15:30 horas) a cargo do ximnasio "Beni Gym".
-Camión interactivo de Gadisa "Malo será".
-Demostración canina do Tercio Norte.
-Obradoiro de iniciación ó salto de Pértiga de "Ociosport Frouxeira".
-Exposición de medios da Cruz Vermella.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal