Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACONDICIONA O ENTORNO DO MUÍÑO DE GRADAILLE (PEDROSO)
Esta actuación forma parte dun proxecto de recuperación do salmón e da trucha de río.
Narón, 19 de Setembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado polo Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o Concelleiro de Obras Públicas, Angel Castro, visitaron hoxe a obra de “Acondicionamento e posta en valor do ámbito biolóxico do Muiño Pequeno (Gradaille)”. Trátase dunha actuación iniciada a finais de agosto de 2013, e que ten un prazo de execución de dous meses. O promotor desta obra é o Concello de Narón, e o orzamento da actuación ascende a 20.653,13 € (dos cales a Consellería de Medioambiente da Xunta –a través de Fondos Europeos- aporta 17.068,70€ e o Concello financia a cantidade restante). Estas obras, que están a ser executadas pola empresa Moncina, consisten no acondicionamento exterior do Muiño de Gradaille. Ó seu redor estanse a arranxar as presas, e se colocará unha escala salmonera (para que o salmón poida subir río arriba). Ademáis, estanse a acondicionar os canais do entorno do propio muiño. Esta actuación forma parte dun proxecto máis ambicioso, que o Concello de Narón tentará realizar máis adiante. Trátase da creación dun Centro de Recuperación do Salmón e da trucha autóctona.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal