Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO 'TALLER CARDIOVASCULAR 2013' INCLUÍDO NOS ACTOS DA SEMANA MUNDIAL DO CORAZÓN
Celébrase o venres 27 de setembro, de 18 a 21 horas, no Café-Teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Narón, 25 de Setembro de 2013.- O Concelleiro de Sanidade de Narón, Manuel Ramos, e o médico de Atención Primaria e presidente de AMICOR (Asociación de Amigos del Corazón), Carlos Piñeiro, presentaron hoxe o “Taller Cardiovascular 2013” que terá lugar o venres 27 de setembro, de 18 a 21 horas, no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón. Este obradoiro lévase a cabo dentro da Semana do Corazón promovida por AMICOR, con motivo da celebración do Día Mundial do Corazón, o vindeiro 29 de setembro. Ademáis, cóntase coa colaboración do Concello de Narón e do Centro de Saúde de Narón. A entrada é de balde. O Taller Cardiovascular contará coa intervención de tres médicos de Atención Primaria do Centro de Saúde de Narón, cada un dos cales desenvolverá unha das charlas programadas. Estarán acompañados polo Concelleiro de Sanidade e tamén médico de Atención Primaria, Manuel Ramos, que moderará as charlas. O programa é o seguinte: - Charla: “Carro de la prevención” a cargo do doutor Octavio Dopico Pérez. Falará sobre a prevención cardiovascular en persoas con factores de risco, incidindo nos catro aspectos máis relevantes: alimentación, actividade física, tabaquismo e vida sedentaria. -Charla: “Secretos de la vida” a cargo do doutor Juan R. Couce Gómez de la Tía. Ensinará ós asistentes cómo actuar ante unha situación de risco cardiopulmonar (reanimación, uso dos desfibriladores, etc…) -Charla: “Excelencias de las grasas” a cargo do doutor Carlos Piñeiro Díaz. Explicará cómo levar unha alimentación saudable, cómo neutralizar as grasas e tamén as bondades de determinados alimentos con grasas (colesterol bo).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal