Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
XORNADA DE PATINAXE A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
XORNADA DE PATINAXE A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
A asociación Sobre Rodas ofrecerá unha clase de patinaxe gratuita a cambio dun kilo de alimentos, que donarán ó Centro de Recursos Solidarios. A cita é o sábado 28 de setembro, no pavillón de Santa Mariña (Ferrol).
Narón, 25 de Setembro de 2013.- O vindeiro sábado 28 de setembro, a asociación Sobre Rodas ofrecerá clases de iniciación ó patinaxe sobre rodas, a cambio dun kilo de alimento. Esta iniciativa forma parte dunha campaña a nivel nacional, promovida pola ONG Roller Solidarios –da que forman parte- e denominada “Operación Kilo”.

Este evento terá lugar de 12:00 a 14:00 horas, nas instalacións do pavillón de Santa Mariña (Ferrol) e a recadación destinarase ó Centro de Recursos Solidarios de Narón, que xestionan as ONGS Cáritas e Dignidad. As persoas interesadas en participar poderán doar alimentos ou artículos de hixiene, que recollerán os responsables do Centro de Recursos Solidarios, unha vez rematadas as clases.

Nesta actividade participarán cinco monitores de Sobre Rodas, que ofrecerán clases de iniciación e tamén instalarán un circuíto de iniciación á patinaxe para nenos/as e outro para adultos.

A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, agradeceu á asociación Sobre Rodas “a labor solidaria que van a levar a cabo, porque ademáis de ser xóvenes emprendedores son solidarios. Con este xesto están a lanzar unha boa mensaxe á mocidade, porque se poden divertir facendo o que lles gusta e ó mesmo tempo axudar ás persoas que máis o necesitan”, declarou a edil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal