|
 |
Novas |
|
TRES EMPRESAS CONCURREN Á XESTIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL DA GÁNDARA | Unha vez rematado o prazo de admisión de ofertas o pasado día tres de agosto, tres foron as entidades que presentaron as plicas correspondentes co fin de optar á xestión da nova escola infantil municipal cuxa apertura se prevé facer coincidir co vindeiro curso escolar. O boletín oficial da provincia nº 162 do 14 de xullo abría un prazo de vinte días para que as empresas interesadas presentaran as súas ofertas e proxectos de xestión da nova gardería que se está a executar no barrio da Gándara desta localidade de Narón.
Trátase da terceira escola infantil municipal que entrará en funcionamento no concello naronés no mes de setembro - unha vez obtida a preceptiva autorizaicón autonómica para a súa apertura- acompañando así ás dos barrios da Solaina e Piñeiros.
Con estas instalacións o concello pretende dar unha axeitada resposta ás demandas e inquietudes veciñais facilitando a conciliación da vida familiar coa laboral.
Nos próximos días aperturaranse as ofertas técnicas e económicas remitíndose aos servizos técnicos e xurídicos municipais co fin de proceder á adxudicación do servizo á maior brevidade que resulte posible. |
|
|
<<< Decembro 2019 >>>
L | M | M | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
|