Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADOS TRES CONVENIOS DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE ACCIÓN SOCIAL
As entidades Cáritas Interparroquial de Narón, Dignidad e Cruz Vermella recibirán en conxunto 41.000 euros.
Narón, 1 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ven de asinar dous convenios de colaboración en materia de servizos sociais co presidente de Cáritas Interparroquial de Narón, José Manuel González Todosantos, e o presidente da Cruz Vermella de Ferrol, Francisco Vázquez Fontenla. Na sinatura dos acordos tamén estivo presente a Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García. O convenio de colaboración con Cáritas Interparroquial de Narón foi asinado cun importe total de 25.000€, que se distribuirán do seguinte xeito: 15.000€ con cargo a fondos municipais, e os 10.000€ restantes achegaranse con cargo ó Fondo de Wanda. A aportación íntegra destinarase ó funcionamento do Centro de Recursos Solidarios, que estará xestionado por Cáritas e Dignidad. No caso da ONG Cruz Vermella, o Concello de Narón realizará unha achega económica de 8.000€ que se destinarán a financiar o servizo de ambulancias nos eventos e actos públicos que organice o Concello, e que poidan requerir deste servizo. Días atrás, o Alcalde de Narón tamén asinou un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Dignidade Ferrol, Dolores Romero Martín. Este convenio incrementa a súa cuantía en 3.000 € con respecto ó ano anterior. Así, o Concello achegará un total de 11.000 €, para que a asociación Dignidade desenvolva actividades de interese comunitario, asistencial e solidario en Narón. En concreto, executará programas de atención a familias e persoas en situación de desamparo e risco social. A aportación económica se realizará con cargo ós fondos municipais (8.000€) e ó Fondo de Wanda (3.000€), unha herencia particular que recibíu o Concello para ser destinada a axuda social. O incremento do convenio se destinará ós gastos de funcionamento do Centro de Recursos Solidarios de Narón, de próxima apertura, que canalizará a axuda das ONGS Cáritas e Dignidade, en colaboración co Concello de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal